O Entroido

Entroido

"Había una vez...un circo"

 

O 24 de febreiro a nosa comparsa "Había unha vez...o circo", que con tanto esmero estivemos a preparar, tomou as rúas do noso barrio. Coellos saíndo de chisteras, pallasos, mimos, Fofitos, magos, emocións e nenos e nenas anuncio desfilaron para os seus familiares e veciños.

Antes de saír á rúa posamos cos nosos disfraces:

 

 

Preparándonos nas aulas antes do desfile, reportaxe fotográfica feita polo alumnado de 6º:

 
As nosas pancartas:
 
 
E chegou o momento do desfile:
 

Preparamos o Entroido 2017!

Escolma de actividades par preparar o tempo de Entroido!

(Preme na imaxe)

 

 

ENTROIDO 2016

E... á terceira vai a vencida. Despois de dous anos sen poder desfilar pola rúa cos nosos disfraces, por fin, este ano, o día acompañou climatoloxicamente e puidemos tomar as rúas.

entroido 2016

Pintores, letras, números, aztecas, xogos variados, órbitas, ciclo da auga, a carón do noso PDI: "Entre liñas anda o xogo", desfilamos pola rúa Aragón, Bailén e Travesía; mentres, os pais, nais e demais familiares recollían os mellores momentos cos seus móbiles e cámaras.

Deixámosvos, as fotos de grupo, que como vén sendo habitual fai o mestre Jose.


Preparativos antes da sesión fotográfica:
 

 

E chegou o momento de desfilar polas rúas...

Chegou o Entroido 2015!

E despois de tantos preparativos, por fin, chegou o día esperado.

Atendendo ó noso P.D.I "Un mar de linguas", os corredores do colexio ateigáronse das distintas culturas que chegaron a Vigo polo mar: piratas, fenicios, vikingos, romanos, Colón, vigueses da Batalla de Rande, piratas Drake e submarinos alemáns.

 

 

Preparando o noso Entroido:

 

RESOLUCIÓN CONCURSO CARTEIS DE ENTROIDO

Presentámosvos o resultado do "Concurso de carteis do Entroido 2014" para o  alumnado de 6º.

Despois dunha apretada votación on-line aquí están os resultados. 

Moitas grazas por tan ampla participación

 

 

 

CARTEIS "MÁIS VOTADOS"

1º CLASIFICADO SILVIA

(82 VOTOS)

2º CLASIFICADO AINHOA R.

(81 VOTOS)

3º CLASIFICADO INÉS

(37 VOTOS)

4º CLASIFICADO ANXO

(33 VOTOS)

 

CARTEIS  "MÁIS VISTOS"

1ª CLASIFICADA AINHOA R.

298 VISUALIZACIÓNS

2º CLASIFICADO ANXO

261 VISUALIZACIÓNS

3º CLASIFICADO ANDRÉS

243 VISUALIZACIÓNS

4ª CLASIFICADA AINHOA S.

239 VISUALIZACIÓNS

 

5ª CALSIFICADA INÉS

236 VISUALIZACIÓNS

 

Powered by Drupal - Design by artinet