O Día da Paz

día da paz

PROPOSTA ACTIVIDADES DÍA DA PAZ 2018

Fame cero e un dos obxectivos da Organización das Nacións Unidas cara ao 2030.

A fame e a malnutrición fan que as persoas sexan máis propensas ás enfermidades. Case 800 millóns de persoas padecen fame en todo o mundo.

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible tamén coñecidos como Obxectivos Mundais son un chamamento universal á adopción de medidas para poñer fin á probeza, protexer o planeta e garantir que todas as persoas gocen de paz.

Nas seguintes ligazóns poderás ler máis información sobre o tema.

Invitámosche a que visiones os seguintes vídeos e os comentedes entre todos e todas.

 


 

CANTAMOS TODOS/AS XUNTOS/AS

 

 

ESCOITAA NA SEGUITEN LIGAZÓN

 

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS NA SEGUINTE LIGAZÓN

PROPOSTA DE ACTIVIDADES EN LINGUA INGLESA NA SEGUINTE LIGAZÓN

 

 

Traballos escolares polo Día da Paz 2017

Escolma de actividades realizadas co gallo do Día da Paz

As nosa variñas máxicas desprenden PAZ

 

Lévate un sorriso!

 

Neste día da PAZ,  o alumnado de 5ºA quixo contaxiar emocións a todo o cole. Colocaron carteis de cariñas sorrintes para que cadaquén puidera coller un sorriso. Repartiron emocións porque están a traballar no seu Proxecto Documental  Integral, as EMOCIÓNS NO CIRCO. TAKE A SMILE!!!!!

 

  

"Pallasos sen Fronteiras" 

Esta ONG fai un traballo excepcional, levando sorrisos ás zonas de conflicto, ós campos de refuxiados, onde houbo catástrofes naturais, etc.

 

As nosas Pombas pola Paz

 

Guardar

Abracadraba que a PAZ se faga!

Unha das propostas para celebrar o Día Escolar pola Paz 2017 foi a confección dun mural entre todas aulas do centro. Moi vencellado o PDI deste curso "Había unha vez...", cada clase aportou unha pomba que sobrevoará a carpa do noso  circo, baixo o lema:

Abracabra que a PAZ se faga!

Así luce o traballo no primeiro andar do noso colexio despois do traballo de todos e todas e baixo a supervisión das mestras María e Luz que foron as encargadas desta actividade.

 

 
Que orgullosos/as estan todos/as do seu traballo!

Guardar

Guardar

Sorrir pese a todo. Día da Paz 2017

 

Co gallo da próxima celebración do Día Escolar pola Paz e atendendo o PDI deste curso "Había unha vez..." Imos coñecer...

A ONG "Pallasos sen fronteiras" que levan sorrisos contra a guerra.

 

 

 

Preme na seguinte ligazón e le para obter máis información:

http://www.clowns.org/

 

 A ONG "Pallasos sen Fronteiras" quere contribuír á mellora da situación emocional da infancia refuxiada no Próximo Oriente, Oriente Medio, Etiopía, Bosnia, O Líbano...donde hai un campo de refuxiados alí intenta esta ONG levar sorrisos.

zonas de conflicto

 Visualiza moi atentamente o seguinte vídeo:

 

Despois de ter visto o vídeo decora a túa cara e convertete nun "Pallaso sen Fronteiras" levando o teu sorriso por todas partes.

 

 

 

Para o alumnado de 5º e 6º segue os seguintes pasos:

  • Faite un selfie coa web cam do teu portátil.
  • Envíallo a túa mestra para poder imprimilo.
  • Decora a túa cara como se foras un pallaso que regala sorrisos.

Estamos desexando ver os vosos traballos.

 

Proposta sobre o vídeo para traballar nas aulas de 5º e 6º:

https://docs.google.com/document/d/1QhTAo0-dk7CgB_2i6aJG2s7B6u4fWnBuNS0-6OPMNY0/edit

 

Guardar

 

Que fan os Pallasos sen fronteiras? Le o seguinte texto e contesta as preguntas.

https://docs.google.com/document/d/1qoLLnax_jPIGa0u_BUgtKQc2raQN7luMlbeHjJzXJ9A/edit#heading=h.vvbk3pvloa6

 

Guardar

Guardar

 

 

Proposta dende o Equipo TIC     Proposta Musical   
blog: As cousas de Avelino
Proposta aulas de Inglés
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Powered by Drupal - Design by artinet