UNHA MASCOTA VIRTUAL

Non todo o mundo pode ter unha mascota. Por alerxias, por falta de espazo ou de tempo para atendelo. E por iso que os alumnos de 5 anos traballaron coidando unha mascota virtual. Coa creación duns carnés individuais rexistraron os coidados das mascotas virtuais que ían creando , despois de que cada un escollera o nome para cada unha delas. Darlle de comer, sacalo a pasear, lavalo e darlle coidados médicos, darlle cariño ... Terán que asumir responsabilidades e anotar os avances da súa mascota.

Powered by Drupal - Design by artinet