Non te esquezas que eres galega/o!

...E ASÍ REMATA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

Despois de contar os contos da “Galiña azul” durante toda a semana. Hoxe rematamos cunha actividade plástica. Os cursos de 4º, 5º e 6º compartimos unha manualidade cos cursos de infantil, 1º, 2º e 3º. Como non podía ser doutro xeito, despedimos a semana adicada a Carlos Casares, facendo unha galiña azul.

Unha galiña azul con ovos de cores, como a de Casares, e con ovos de chocolate. Este agasallo representa o agradecemento dos cursos lectores aos demais compañeiros do cole para que non se esquezan de que son galegos, como facía Casares con Ana.

 

Grazas Carlos Casares polos teus libros!!

Powered by Drupal - Design by artinet