CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O luns 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz e a non violencia, no patio do colexio, acompañados polas familias dos nenos e nenas, que se achegaron ás 13.00 horas  ata o mesmo.

Durante as últimas xornadas estivemos a preparar entre todos e todas este día.


Nesta artigo, intentaremos recoller algúns dos momentos, que con moito entusiasmo, vivimos grandes e pequenos. 

Os nenos e nenas escribiron cadanseu mensaxe de paz nunha folla que colgamos nunha árbore, a nosa particular  "Árbore dos desexos" á vez que compartimos coas familias unha pomba da paz mentres cantamos  "El bosque animado" de Luz Casal.  O alumnado de Educación Infantil agasalláronnos con dúas cancións: "Paz, paz, paz" de Juanes e "Los Derechos de los Niños" dos Lunnis. . O terceiro  ciclo de primaria cantou en Inglés "Waiting on the world to change" de  BY John Mayer.  Tamén houbo lugar para unha pequena representación a cargo do alumnado de 5ºB ,"Mans para a paz".

A ANPA tamén participou cunha lectura e con reparto de larpeiradas ó final  da celebración.

Para rematar toda a Comunidade Educativa  cantamos: "Los niños queremos la paz"

A continuación podedes saber algo máis deste acto a través das seguintes  imaxes e vídeos:

CANTAMOS...

 

 .

ÁRBORE DOS DESEXOS

 

COLABORACIÓN DO ANPA

LECTURA MANIFESTO REPARTO DE LARPEIRADAS

MANS POLA PAZ

OBRADOIRO DE CARTELERÍA DIXITAL


REPORTAXE FOTOGRÁFICA

Para rematar un agasallo dos alumnos de 2º


Para ver máis traballos sobre a paz podes visitar o seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/node/1619

Me lo pase jenial

Me lo pase jenial pero...

¿Haber cuando colgais las fotos y videos del viernes, con las 2 obras y el precioso baile que hicieron las chicas!!!

traballo mans

Nos a gustado mucho a todos 

de sara.Risaesta chulisimoGuiño

traballo mans

Nos a gustado mucho a todos 

de sara.Risaesta chulisimoGuiño

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
14 + 5 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Powered by Drupal - Design by artinet