Compoñentes do Equipo e funcións

1. COMPOÑENTES.

O Equipo de normalización e Dinamización Lingüística para o curso 2016-2017 está formado por.

  • Concepción Iglesias Londeiro. E.Infantil 
  • Eduardo Estévez Diéguez. E.Infantil 
  • Carmen Martínez Cortizo. E.Infantil 
  • Rosa López Martínez. 1º primaria
  • Xan Lois Lomba. 3º primaria
  • Victorio Blanco Camba.4º primaria (coordinador)
  • Ana Mª Fernández Cid. 6º primaria
  • Manuel Casas Garrido. E. Física
  • María Olga Alonso Suárez. Directora
  •  Elisa Elvira García. Xefa de estudos
  • Monserrat Seoane Viéitez. Lingua Inglesa.
  •  Enrique Fandiño Docío. Persoal non docente.

Dado que as enquisas durante anos amosan que o castelán é a nosa lingua de uso maioritario, vémonos mergullados na necesidade de desenvolver actividades para sensibilizar e crear actitudes positivas cara a lingua e cultura galega.

Para este curso o Proxecto Documental Integrado titulado HABÍA UNHA VEZ UN CIRCO vai ser o fío condutor das actividades coas que esperamos medrar na adquisición das competencias na lingua galega. Este ano nos obxectivos a conseguir priorizamos o uso da lingua oral.

2. OBXECTIVOS

- Seguir empregano o galego na xestión administrativa do centro.

- Fomentar o uso do galego oral entre o alumando e o profesorado (nas clases, recreos,  corredores, comedor, etc.) así como entre os distintos membros da comunidade educativa: pais, nais, e persoal que teña relación co centro.

- Promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega que evite prexuízos, reforce a súa autoestima e aumente a súa demanda, dándolle prioridade á oralidade.

- Promover o exercicio do dereito a expresarse en galego.

- Procurar a presenza do galego nas TICs e na elaboración de recursos.

- Empregar o galego en todo tipo de celebracións e manifestacións artísticas e culturais que se celebren no colexio.

- Favorecer a comunicación con outros centros da bisbarra, e tamén con diferentes asociacións e entidades a través da planificación conxunta de actividades para o alumnado.

- Ofrecer materiais variados (libros, revistas, xornais, películas ...) en galego

- Conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso.

- Saídas culturais para coñecer a nosa comunidade.

 

3. ACTIVIDADES

- Samaín

- O magosto. "Polo San Martiño xoguiños ó camiño"

- O outono

- Experimentos ciéntificos.

- O xogo tradicional.

- Día internacional contra a violencia de xénero

- Declaración dos dereitos humanos

- O Nadal en Galicicia.

- A paz

- Entroido

- Día de Rosalía.

- Día da muller traballadora.

- Día da poesía.

- Día do libro

- Xorna escolar con Faro na Escola.

- Letras galegas

- Festival das letras galegas

- Tardes de conto

- A nova da semana

- Traballos do PDI "Había unha vez un circo"

- Venres de viva voz

- Máis e mellor actividade física

- Lectura libros en galego

- Cartelería dixital

- Saídas culturais co alumnado.

- Saídas culturais organizadas pola ANPA para as familias

- Clubes de lectura en galego sobre temáticas vencelladas ao proxecto

- Uso das novas tecnoloxías (elaboración con distintas ferramentas de materiais na nosa lingua)

- Colaboración coas institucións

De todas estas actividades e outras que xurdan durante o curso hai cumprida información na web do centro.

 

Powered by Drupal - Design by artinet