BENVIDAS/OS Á XUNTANZA DO PROXECTO ARCE

O proxecto Arce "Un bosque para leer e navegar" está chegando ó seu fin, con tal motivo, mestras dos colexios agrupados (Joan Rebull, Reus; El Llano, Gijón; El Jardín de arena, Alcázar de SanJuan) chegaron o xoves 10 de maio a nosa cidade. 

 

O venres  recibímolas no noso colexio. Presentámonos todos e todas, visitaron as aulas do noso centro, estivemos a preparar a memoria deste proxecto tan fructífero e  á unha entre todos e todas  fixémoslle un recibimiento  moi especial,  na que estivo presente o Ilmo. Sr. Alcalde de Vigo acompañado da Concelleira de Educación encargados xunto coa nosa directora de dar a benvida  ás nosas convidadas.

Para este momento, a Anpa, da man de María Alonso,  preparou a construción dun maio e a composición dunhas coplas, que fixeron as delicias de todos/as os presentes. Despois todos xuntos/as entoamos a canción: O verde mola!

Rematamos o acto cun  intercambio de agasallos.

A continuación podes ver unhas fotos dos mellores momentos:

No seguinte vídeo podedes escoitar as coplas dos maios:

 

MOITAS GRAZAS, A TODOS E TODAS, OS QUE FIXERON POSIBLE UN DÍA TAN ESPECIAL!

Powered by Drupal - Design by artinet