Actividades curso 2014-2015

Letras Galegas 2015

Xosé Fernando Filgueira Valverde, protagonista do día das letras galegas 2015.                            

Historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra en outubro de 1906

O equipo de DNL, e a comunidade educativa están na procura  e deseño de actividades para celebrar  o 17 de maio no centro, para facer visible a obra do homenaxeado propoñemos......

Resultado de imagen de letras galegas 2015

Facendo clic nas imaxes, coñecerás datos curiosos deste singular escritor galego....así coma diferentes actividades para desenvolver na semana das letras galegas.

 

 

                 

 

O magosto e o samaín 2014-2015

 

              especial

 

MGOSTO

 

 SAMAIN  2014

 

XOVES 30 de outubro

 

Que foi o que pasou?

enlace

 




 

 

Samaín curso 2014-2015

 

SAMAÍN  2014

·       MURAL COLECTIVO” Conformará unha paisaxe de terror

 

Os alumnos/as de cada clase colorearán,  recortarán e deseñarán o motivo que lles tocou.

·        INFANTIL       CABAZAS grandes, medianas e pequenas.  Unha por alumno/a    

·        PRIMEIRO      ESTRELAS amarelas, brancas e laranxas. Unha por alumno/a    

·        SEGUNDO      ARAÑAS. Unha por alumno/a.

·        TERCEIRO      3ºA  GATOS, 3ºB PANTASMAS  e 3ºC PERSONAXES DE TERROR E MORCEGOS

·        CUARTO        BRUXAS E ESQUELETOS. Un/-ha por alumno/a

·        QUINTO         CASAS terroríficas en Plástica e BANDERÍNS para adornar nos corredores e aulas.   

·        SEXTO           BANDERÍNS para decorar o patio.

COLOCARANSE o día 21  de Outubro (martes) a partires da segunda hora no lugar destinado no mural.

OUTRAS ACTIVIDADES DO SAMAÍN

·        EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE TALLADO DE CABAZAS” Propoñerase aos alumnos que na súas casas decoren unha cabaza e a traian, para formar parte da exposición diante do mural. Colocaranse o día 28 de Outubro, despois da primeira hora. O día 30 levaranas para as súas casas.

 

·        OUTRAS ACTIVIDADES:

·        Lectura de contos (A Casa do Rato Renato, Contos para asustar ao medo, A bruxa Regañadentes …), o Libro dos contos de medo, feito polos alumnos o curso pasado.

·        Canción “O Samaín” de Mamá Cabra

·        Visionado de DVDs de medo: O lobo e os cabritos, A  pota que trota, Fiz o coleccionista de medos…

·        Lectura de historias do Samaín, actividades de comprensión

·        Elaboración de marcapáxinas, sudokus, crebacabezas, recortables, puzles, sopas de letras, debuxos

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega pon a disposición de todos os compañeiros/as na sala de Mestres unha carpeta con material variado fotocopiable para realizar as actividades tanto de aula coma colectivas

Equipo de Dinamización da Lingua Galega**

 

 

 

O Samaín

 

O Samaín

A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta.

Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentarense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.

O cristianismo, adoptando  o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII,  ao día seguinte como día de Defuntos.

        

 

Chega o outono. Tempo de castañas, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.

Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia.

Un dos seus costumes era poner unha luz acesa das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e poner no seu interior unha candea que escentile pola noite.

Os celtas , antigos habitantes de terras galegas, tiñan un grande respecto polos mortos. Nas súas caveiras poñían unha candea para que, ao escentilar pola  noite, puxera medo no corazón da xente.

Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos defuntos.

Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, ,çaos ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.

                

A LENDA DA CABAZA

Fai moito tempo, nun pequeno pobo irlandés había un monxe chamado Jack.

Jack, segundo algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, que lle gustaba gastar bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o cría el, que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o demo non

que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o demo non o deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal n aterra. E así foi.

 

Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a súa hora. No ceo non o deixaron entrar, non podían deixar entrar a un ser tan malo, e claro no inferno o diaño cumpriu o súa parte e non lle deixou pasar, pero deu a Jack unha lanterna, unha peculiar lanterna en compensación por todo o mal causado. Esta lanterna consistía nun nabo oco cun carbón que sería incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack ( coñecido por Jack of the Lantern, Jack da lanterna ) deambula polo mundo coa súa lanterna en busca dun lugar onde descansar.

Existe outra variante da lenda na que Jack fixo unha broma ao diaño; fíxolle rubir por unha árbore seca e quedou encerrado no seu tronco. A cambio da súa liberdade, o diaño teríalle que deixar de tentar coa bebida. E claro, como fora unga persoa que fixera malas acción, e como o diaño en venganza pola broma non lle deixou entrar, quedou por “aí” vagando eternamente coa súa lanterna.

A lanterna era a base de nabo, entón…de onde vén a cabaza?

Cando chegaron os primeiros colonos ingleses e irlandeses tiñan a tradición do nabo , pero se atoparon coas cabaza. Esta ofrecía mellores  características que o nabo: en primeiro lugar é máis grande que un nabo e pódese introducir unha vela, dando máis luz; en segundo lugar proporciona máis alimento; e en terceiro lugar é máis vistosa.

Existe tamén a lenda que se recorta a cabaza en forma de monstro e acéndese unha vela dentro para que Jack, Jack o da Lanterna, non se achegue a esa casa, empuñando a súa eterna luz para ver nas tebras…

      

 

 

Distribuir contido