Admisión alumnado

PROCESO ADMISIÓN DE ALUMNADO

Lexislación/Links.

Decreto 254/2012, do 13 de decembro.

Orde do 12 de marzo de 2013.

Orde do 25 de xaneiro de 2017.

Proceso, formularios e solicitudes.

 Información:

 1º PRAZO: Para o alumnado de 6º de Primaria da nosa escola e o alumnado de EEI de Sarria.

 RESERVA DE PRAZA para os centros adscritos no centro de orixe: 1-15 de febreiro de cada ano.

 Informamos as familias do alumnado matriculado en 6º de primaria da nosa escola que o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso no IES Xograr Afonso Gómez, (centro ao que estamos adscritos) abrangue dende o 1 ata o 15 de febreiro de cada ano. Deben cubrir a solicitude que se achegou a todo alumnado, e entregala na nosa escola.

 Recordar que a reserva  ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito, no centro de adscrición, é dicir, no IES Xograr Afonso Gómez, antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 Seguindo a mesma liña de actuación, o alumnado da EEI de Sarria deberá formalizar este proceso na súa escola.

2ºPRAZO: Para todo o alumnado de nova incorporación a un centro.

Presentación da SOLICITUDE DE NOVA ADMISIÓN no centro elexido: 1-20 de marzo de cada ano.

 Proceso:

Ø      Cubrir impreso de solicitude.

Ø      Fotocopia do DNI da/o alumna/o, libro de familia ou documento acreditativo da idade.

Ø      Certificado de escolarización do centro orixe no caso de traslado de centro.

*Se é o caso, achegaráse documentación xustificativa para a solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

*A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente. Excepto casos de violencia de xénero.

RECÓRDASE QUE:

  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O non cumprimento disto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presnta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten resevada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

*A documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser orixinal ou copia cotexada.

 ------------Esta información é de caracter xeral, sen perxuizo do especificado de maneira máis concreta na lexislación anteriormente citada.

 

 

Distribuir contido