MEDIDA COVID-19

 

Informamos que dende as 13h ata ás 17:30h, 

as familias podedes recoller no centro os libros de texto, e outras actividades e material didáctico relacionados cos contidos curriculares, para que o alumnado as poida realizar no seu domicilio, durante os vindeiros 14 días.

Venres 13 de marzo de 2020.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020/21. Nova incorporación.

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO. 

Prazo para presentar a solicitude de admisión do

   1 ao 20 de marzo de 2020

AMPLIADO DO 11 ao 18 DE MAIO DE 2020

Máis información.

Pódese cubrir a solicitude na aplicación admisión alumnado  e entregala asinada na secretaría da escola.

Ou presentala a través da sede electrónica da Xunta de Galica.                          

                                                   Sede Electronica

                                                  Inicio ED550B

ANUNCIO WEB CONSELLERÍA

LETRAS DE PRIORIDADE NO PROCEDEMENTO

BO NADAL

                                      Dende o CEIP Frei Luís de Granada, queremos desexarvosResultado de imaxes para apalpador

                                          BO NADAL E FELIZ ANO 2020.

                                    Recordarvos, que as vacacións de Nadal

                         abranguen dende o sábado día 21 de decembro de 2019

                   ata o martes, día 7 de xaneiro de 2020, ambos os dous inclusive.

                   O mércores 8 de xaneiro de 2020 comezarán as clases de novo.

 

xxxxx

Imprescindibles

Imprescindibles…….

 

Desexarvos             un                     fantástico  

                

                 curso. 

     

Imprescindibles........é un post, un reflexo dun novo proxecto cheo de ilusións e boas vibracións.

Unha proposta considerada coma unha maneira máis de difundir o traballo, a maxia da nosa labor pedagóxica, pero tamén a ensinarnos a mirar a práctica educativa dende diferentes perspectivas, ou polo menos, comprobar que o mundo non é dunha soa cor, e que esa cor depende da morfoloxía das nosas emocións......!!!!!!

                                                    

 

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

O peón (trompo, peonza, buxaina) é un enredo que, dende fai varios cursos, ocupa o tempo de lecer de moitos nenos e nenas do noso colexio. Nos primeiros días do mes de outono xa se empezan a ver no patio estes xoguetes decorados de maneira moi vistosa e orixinal. Así pois e como manda a tradición "polo san Martiño peóns ao camiño", o día do peón (11 de novembro), durante o tempo de lecer no noso patio só se pode ver aos nenos e nenas  demostrar a súa destreza con estes obxectos xiradores.

 

 

 

 

 

AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

20 Nov 2013 16:40
Europe/Madrid

                                  

 

"La educación que trata a todos de la misma

  forma es la más injusta que puede existir"

                                                                              Howard Gardner

Viaxe a Sotavento

 

 

      

 

   O día 18 de outubro os alumn@s de 6º de primaria  do noso colexio visitaron Sotavendo, informáronse dos beneficios das enerxías renovables.

VIAXE FIN DE CURSO DE SEXTO NIVEL

PROGRAMA DA VIAXE DE FIN DE CURSO DE 6º NIVEL

DO 29 AO 31 DE MAIO DO 2013

DÍA 29

 

7:45.- SAÍDA EN AUTOBÚS DENDE O PROPIO CENTRO ESCOLAR 

9:45.- CHEGADA A ASTORGA . PASEO POLA CIDADE DENDE A CATEDRAL ATA O PAZO EPISCOPAL DE GAUDÍ E MUSEO ROMANO.

13:00.- VOLTA AO AUTOBÚS PARA DIRIXIRNOS AO TÍPICO POVO MARAGATO DE CASTRILLO DOS POLVAZARES. COMIDA NUN RESTAURANTE E DE SEGUIDO PASEO POLO POVO.

17:30.- VISITA GUIADA ÁS COVAS DE VALPORQUERO.

19:00.- CHEGADA AO CAMPAMENTO EN ROBLEDO DE FENAR

19:30.- PRESENTACIÓN DOS MONITORES QUE NOS INFORMARÁN DAS ACTIVIDADES A SEGUIR.

20:00.- TEMPO LIBRE. RECOÑECEMENTO DO CAMPAMENTO. HÁBITOS HIXIÉNICOS. CHAMADAS POR TELÉFONO.

21:00.- CENA.

21:30.- VELADA NOUTURNO. NOITE DE "FUROR".

23:30.- RETIRADA  E SILENZO.

 

 

DÍA 30

 

8:30.- LEVANTÁMONOS E ALMORZAMOS.

9:30.- SAÍDA PARA AS ACTIVIDADES QUE FAREMOS EN VEGACERVERA

·         TIRO CON ARCO

·         ESPEOLOXÍA NA COVA DO BURRO ( LEVAR CHANDAL VELLO E CALZADO DE RECAMBIO NA MOCHILA)

·         ESCALADA A CEO ABERTO (SE NON CHOVE)

·         VISITA A UNHA QUEIXERÍA E A UN CERAMISTA)

COMIDA DE PICNIC Á BEIRA DO RÍO

 

19:00.- VOLTA AO CAMPAMENTO. HÁBITOS HIXIÉNICOS E CHAMADAS DE TELÉFONO.

21:00.- CENA

21:30.- VELADA NOUTURNA. NOITE DO TERROR

23:30.- RETIRADA E SILENZO.

 


 

DÍA 31

 

8:30.- LEVANTÁMONOS E ALMORZAMOS.

9:00.- FACEMOS AS MALETAS E DEIXAMOS ORDENADAS AS CABANAS.

10:00.- SAÍDA EN DIRECCIÓN Á CIDADE DE LEÓN PARA VISITAR : SAN ISIDORO, A CATEDRAL, SAN MARCOS, A RÚA ANCHA, EXPOSICIÓN NA UNIVERSIDADE (MIRADAS AO MUNDO ANIMAL).

COMIDA NO PARQUE DE PAPALAGUINDA.

16:30.- SAÍDA EN DIRECCIÓN PONFERRADA PARA VISITAR O CASTELO DOS TEMPLARIOS.

21:00.- CHEGADA AO COLEXIO FREI LUÍS DE GRANADA.

 

 

Distribuir contido