Xornada única

O C.E.I.P Frei Luis de Granada implantará no vindeiro curso 2015-2016 a xornada única.

Cun horario lectivo :

 

  • De Luns a Venres de 8.45 h. a 13.45 h.

    Comedor e saída do transporte.

  • Comedor : de Luns a Venres ás 13.45 h.
  • Saída de transporte: de Luns a Venres ás 14.35 h

 

         Distribución horaria.

 

 

De luns a venres

HORAS

SESIÓNS

TEMPO

7:55 a 8:45

Servizo de gardería

50 min.

8:45 a 9:40

55 min.

9:40 a 10:35

55 min.

10:35 a 11:30

55 min.

11:30 a 11:55

Recreo

25 min.

11:55 a 12:50

55 min.

12:50 a 13:45

55 min

13:45 a 14:35

Comedor

50 min.

14:35 a 16:00

Servizo de Gardería

1 h. e 25 min.

16:00 a 17:30

Biblioteca no centro/ Actividades extraescolares.

1 h e 30 min.

Entroido 2015

 

ENTROIDO 2014-2015

Para a vindeira semana ( do 9 ao 13 de febreiro) estamos a preparar o Entroido na escola....e O Meco está moi atarefado en propoñervos o que temos que traer posto cada día da semana.

O luns, a cabeza debes tapar para non te constipar.

O martes, na solapa unha flor para sentirte mellor.

O mércores, pintadiño/ña has de estar para poder entrar.

O xoves, debes vestir unha prenda divertida e creativa.

E o venres..............para todos xuntos gozar, de variados bichiños e animais, te terás que disfrazar.

 

Deixade voar a vosa imaxinación e feliz Entroido!!!!!

Día da paz 2015

 30 de xaneiro

Día internacional da PAZ.

O vindeiro 30 de xaneiro festexaremos no noso colexio o Día da Paz.

Este curso, entre outras actividades, a celebración xirará entorno á figura de

Malala e Kailash Satyarthi, nobel da paz do 2014.


 

 

Amosar parte dos traballos feitos polo alumnado do noso centro.

 

Día do peón

 

Hoxe once do once do 2014 celebráremos no colexio o día do peón.

Programa:

Concurso de peóns no recreo.

Cada curso terá un espazo marcado  no polideportivo, lanzarase en círculo. Haberá un xurado por nivel.

Tres premios por nivel:

- Un  premio  ao que mellor manexe o peón.

- Un premio para o que máis aguante roulando.

- Un premio para o peón mellor tuneado.

 


RATILÍN

RATILÍN

Ratilín  está agardando por antigos e novos usuarios. Xa sabedes que podedes visitar a biblioteca os martes e xoves nos recreos.

Animádevos !!

O magosto e o samaín 2014-2015

 

              especial

 

MGOSTO

 

 SAMAIN  2014

 

XOVES 30 de outubro

 

Que foi o que pasou?

enlace

 




 

 

Samaín curso 2014-2015

 

SAMAÍN  2014

·       MURAL COLECTIVO” Conformará unha paisaxe de terror

 

Os alumnos/as de cada clase colorearán,  recortarán e deseñarán o motivo que lles tocou.

·        INFANTIL       CABAZAS grandes, medianas e pequenas.  Unha por alumno/a    

·        PRIMEIRO      ESTRELAS amarelas, brancas e laranxas. Unha por alumno/a    

·        SEGUNDO      ARAÑAS. Unha por alumno/a.

·        TERCEIRO      3ºA  GATOS, 3ºB PANTASMAS  e 3ºC PERSONAXES DE TERROR E MORCEGOS

·        CUARTO        BRUXAS E ESQUELETOS. Un/-ha por alumno/a

·        QUINTO         CASAS terroríficas en Plástica e BANDERÍNS para adornar nos corredores e aulas.   

·        SEXTO           BANDERÍNS para decorar o patio.

COLOCARANSE o día 21  de Outubro (martes) a partires da segunda hora no lugar destinado no mural.

OUTRAS ACTIVIDADES DO SAMAÍN

·        EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE TALLADO DE CABAZAS” Propoñerase aos alumnos que na súas casas decoren unha cabaza e a traian, para formar parte da exposición diante do mural. Colocaranse o día 28 de Outubro, despois da primeira hora. O día 30 levaranas para as súas casas.

 

·        OUTRAS ACTIVIDADES:

·        Lectura de contos (A Casa do Rato Renato, Contos para asustar ao medo, A bruxa Regañadentes …), o Libro dos contos de medo, feito polos alumnos o curso pasado.

·        Canción “O Samaín” de Mamá Cabra

·        Visionado de DVDs de medo: O lobo e os cabritos, A  pota que trota, Fiz o coleccionista de medos…

·        Lectura de historias do Samaín, actividades de comprensión

·        Elaboración de marcapáxinas, sudokus, crebacabezas, recortables, puzles, sopas de letras, debuxos

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega pon a disposición de todos os compañeiros/as na sala de Mestres unha carpeta con material variado fotocopiable para realizar as actividades tanto de aula coma colectivas

Equipo de Dinamización da Lingua Galega**

 

 

 

Solicitude de axudas para o alumnado con necesidad específica de apoio educativo

SOLICITUDE AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2014-2015

Para visualizala poden picar no seguinte enlace:

https://www.boe.es/boe/dias/2014/07/12/pdfs/BOE-A-2014-7403.pdf

 

PRESENTACIÓN SOLICITUDES ata o 30 de setembro de 2014

 

23 de abril Día do libro

 

23 de abril Día do Libro

 

 

Aproveitando o día do libro, 23 de abril, queremos colaborar dende o C.E.I.P Frei Luis de Granada no fomento da lectura e contribuir á difusión cultural neste emblemático día.

Distribuir contido