O Samaín 2015

 

                                                                              

 

......................2015

Bailan, bailan as pantasmas, monstros,

bruxas e coruxas, bule,

bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar

medOOOOOOOO……

Chegou o mes de outubro e con él, o tempo das castañas, das setas, das longas noites de choiva e frío. Pero tamén é o tempo do Samaín, un tempo de tradicións e de medo, de moiiitoooo medo……

O equipo de EDNL amosa estes enlaces onde atoparedes cantigas, cancións e contos de Samaín.

  •   Cantiga Samaín de Jesús Pareja.

https://www.youtube.com/watch?v=UWClF9yZRtU

  •   Cantiga Samaín de Jesús Pareja e Andrea Pico Rodiles.

https://www.youtube.com/watch?v=_oMloEPg-ws

  •   Canción Mamá Cabra: O Samaín.

https://www.youtube.com/watch?v=alcQHPJzvg8

  • Canción o Rock do Samaín.

https://www.youtube.com/watch?v=UFZpwaLjVXU

  • Canción Maxia galega no Samaín.

https://www.youtube.com/watch?v=evralTuDv2I

  •  Conto os bolechas teñen medo.

https://www.youtube.com/watch?v=CEyiNsLJJp8&spfreload=10

  •   Conto Corre corre cabaciña.

https://www.youtube.com/watch?v=3Im2AZDcKvc ( canción )

https://www.youtube.com/watch?v=7Y72EiBtXOY ( conto )

  •   Conto A bruxa regañadentes.

https://www.youtube.com/watch?v=-oWj0igPIMI

  •   Conto A cabaza que non sabe asustar.

https://www.youtube.com/watch?v=Zk-XYY4KJpc

  •   Conto A aventura de Nera.

https://www.youtube.com/watch?v=uLKkcStWgqE

 

Actividades ...........!!!!!!!!!!!!!

ACTIVIDADES SAMAÍN 2015

 

1.- “MURAL COLECTIVOConformará unha paisaxe de terror
Os alumnos/as de cada clase colorearán, recortarán e deseñarán o motivo que lles tocou.

  • CUARTO PANTASMAS. Unha por alumno/a para o borde.
  • QUINTO ESTRELAS, MORCEGOS, GATOS, MOUCHOS. Cada clase fará os catro motivos.
  • SEXTO CABAZAS. Unha por alumno/a.

COLOCARANSE o día 20 de Outubro (martes) a partires da segunda hora no lugar destinado no mural.


 2.- EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE TALLADO DE CABAZAS” Propoñerase aos alumnos que na súas casas decoren unha cabaza e a traian, para formar parte da exposición diante do mural. Colocaranse o día 27 de Outubro, despois da primeira hora. O día 29 levaranas para as súas casas.

 3.-OUTRAS ACTIVIDADES:

  • Lectura de contos (A Casa do Rato Renato, Contos para asustar ao medo, A bruxa Regañadentes …),
  • o Libro dos contos de medo, feito polos alumnos nos cursos pasados.
  • Canción “O Samaín” de Mamá Cabra
  • Visionado de DVDs de medo: O lobo e os cabritos, A pota que trota, Fiz o coleccionista de
  • medos…
  • Lectura de historias do Samaín, fichas de actividades de comprensión.
  • Elaboración de marcapáxinas, sudokus, crebacabezas, recortables, puzles, sopas de letras, debuxos, cestas, mandalas, contos de medo, banderíns....


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega pon a disposición de todos os compañeiros/as na sala de mestres unha carpeta con material variado fotocopiable para realizar as actividades tanto de aula coma colectivas.

 Se queredes saber máis ide ao noso blogue..............