POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

O peón (trompo, peonza, buxaina) é un enredo que, dende fai varios cursos, ocupa o tempo de lecer de moitos nenos e nenas do noso colexio. Nos primeiros días do mes de outono xa se empezan a ver no patio estes xoguetes decorados de maneira moi vistosa e orixinal. Así pois e como manda a tradición "polo san Martiño peóns ao camiño", o día do peón (11 de novembro), durante o tempo de lecer no noso patio só se pode ver aos nenos e nenas  demostrar a súa destreza con estes obxectos xiradores.