try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

00/00/

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O pasado xoves 25 de novembro na clase de 1º de Educación Primaria estivemos facendo diferentes dinámicas para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Despois dun debate inicial sobre que é a violencia de xénero e os diferentes tipos fixemos unha actividade con catálogos de xoguetes, aproveitando que estamos moi próximos ao Nadal. Nalgunhas destas revistas, os xoguetes relacionados coa construción, os videoxogos ou os coches e as motos estaban acompañados de imaxes de nenos mentres que as cociñas, as bonecas e os carros do supermercado aparecían con fotos de nenas. Non obstante, o catálogo que máis nos gustou era aquel no que aparecían tanto nenos como nenas xogando co mesmo xoguete pois, tal e como falamos na clase, todos e todas podemos xogar a aquelas cousas que nos gustan xa que os xoguetes non teñen xénero. Para rematar a actividade, clasificamos as diferentes fotografías segundo os estereotipos de xénero que reflectían.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes!