try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

Blogues

FESTIVAL DE NADAL 2022

00/00/

Outro ano máis celebrouse o Gran Festival do Ceip do Foxo. Fai clic na imaxe para desfrutar das diferentes actuacións. 

 

 

"MEETING TINA CALIXTINA"

00/00/

Continuando co proxecto Vexo veo Xacobeo, o alumnado de 1º ciclo prepara tarxetas para levar a cabo un xogo para traballar o vocabulario da actividade "Meeting Tina Calixtina"

 

PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNOS QUE CAMBIAN DE ETAPA (6º DE PRIMARIA) E DE ADMISIÓN

00/00/

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE RESERVA PARA CENTROS DE ADSCRICIÓN: DO 15 DE XANEIRO AO 4 DE FEBREIRO  (AMBOS INCLUÍDOS)

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO CON POSTO RESERVADO: 22 DE FEBREIRO


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO: DO 1 AO 20 DE MARZO (AMBOS INCLUÍDOS)

NOTA INFORMATIVA (Arquivo adxunto)

MALETAS VIAXEIRAS. CURSO 2022/2023

00/00/

Neste curso 2022-23 temos a disposición das familias que o desexen os fondos bibliográficos que poden consultar no arquivo adxunto.

Para solicitar en préstamo estes fondos, deberán facelo a través do correo electrónico do centro: ceip.foxo@edu.xunta.gal

Poden solicitar por familia un máximo de 4 libros.

A duración do préstamo é dunha semana.

O préstamo  pode recollerse no centro ou podémosllo facer chegar a través do seu fillo/a.

FESTIVAL DE NADAL 2022

00/00/

Despois de dous cursos sen poder desfrutar do noso festival de Nadal de maneira presencial este ano retomamos a tradición cun fantástico espectáculo cheo de sorpresas. 

CAMPAÑA DE ETIQUETADO "BICOS A MOREAS"

00/00/

Outro ano máis o colexio participa na campaña de etiquetado "Bicos a moreas" coa que damos a benvida ao Nadal e desexamos moita felicidade para o vindeiro ano. Este curso é a X edición. No arquivo adxunto podedes ver as etiquetas feitas polos nosos nenos e nenas.

 

DIVERSIDARTE 2022

00/00/

Para conmemorar o Día Mundial da diversidade funcional, recibimos a visita da Asociación Ámbar coa que as nenas e nenos participaron en actividades relacionadas con este tema.

DÍA XOSÉ NEIRA VILAS

00/00/

Así celebramos o Día de Don Xosé Neira Vilas este curso.

RENOVACIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

00/00/

Nos documentos adxuntos achégase información sobre a renovación dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar.

Distribuir contido