21 de marzo: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

Aquí tedes as imaxes da nosa participación na OPERACIÓN "CALCETÍNS DESPARELLADOS"

 

 

 

MÁIS VISITAS AO NOSO COLE

 

María Canosa visitou o noso centro e charlou cas rapazas e rapaces de 3º e 4º curso

 

HOXE VISITÁRONNOS...

Hoxe visitáronnos dúas grandísimas escritoras, que nos contaron moitas cousas sobre libros, personaxes, aventuras...

As nenas e nenos desfrutaron e compartiron  experiencias. Mesmo fixeron recomendacións!

Moitas grazas MARÍA MENÉNDEZ-PRADO e LEDICIA COSTAS!

IGUALDADE PARA MUDAR A REALIDADE

 

8 de Marzo: DÍA INTERNACIONALL DA MULLER

 

 

EXCURSIÓN A APÍPOLIS

Nas aulas de catro anos estamos desenvolvendo un proxecto sobre as abellas, por ese motivo decidimos organizar unha excursión a Apípolis en Pontevedra.

Ali puidemos visitar unha completa exposición interactiva sobre as abellas e a súa importancia para o medio natural, vestidos co traxe de apicultor entramos ao apiario a observar de preto as abellas, noutra sala participamos na extracción do mel dos panais, confeccionamos unha vela con cera, probamos o mel e o polen e elaboramos galletas de mel. Foi unha experiencia moi enriquecedora para os cativos e cativas.

 

 

Pinchando neste enlace podedes acceder a paxina web de Apípolis onde tedes máis información.

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí podedes ver unha pequena mostra das actividades que realizamos en Educación infantil con motivo da celebración do día de Rosalía.

Abrir a fiestra.

 

 
 

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

 

O pasado venres celebramos no colexio o DÍA de ROSALÍA, cunha variedade de actividades programadas polos departementos de Dinamización Lingüística, a Biblioteca o outros departamentos do centro.Aquí podedes ver unha mostra:

Photocall no recibidor do colexio, reparto de poemas de Rosalía entre a comunidade educativa...

Tamén podedes consultar o blog da Biblioteca.

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2018-19

O alumnado de 6º de Educación Primaria deste centro que queira ser adscrito ao IES Antonio Fraguas deberá facer a reserva de praza na Secretaría do Centro do 1 ao 15 de febreiro.

Podedes obter toda a información no apartado de SECRETARÍA dentro desta páxina web.

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Así celebramos o entroido no edificio de Educación infantil, con disfraces relacionados co proxecto deste curso "Da horta á cociña", merendando productos típicos destas datas, con música e baile e coa compañía das familias. Moitas grazas a tod@s por participar.

 
   
   
   

 

 

FESTA RACHADA E DESPEDIDA DE DON SACHO!

O pasado venres celebramos o noso Entroido no colexio e despedimos ao  Meco Don Sacho, quen ademais nos deixou o seu TESTAMENTO nunhas coplas:

 

DESPEDIDA DO MECO. ENTROIDO 2018

 

HOXE REMATA TODO

DESFACÉMONOS DO MECO

UN SAÚDO PARA OS MESTRES

UN SAÚDO PARA OS NENOS

 

E NESTE MOMENTO

PASO A LER O TESTAMENTO:

 

DÉIXOLLE ESTE SACHO

A TODOS E TODAS

PARA QUE CON EL TEÑAN

COLLEITAS BEN BOAS

 

DÉIXOLLE O MEU SOMBREIRO

A QUEN O QUEIRA POÑER

CANDO PETE O SOL BEN FORTE

BOA FALTA LLE HA FACER

 

DÉIXOLLE A MIÑA ROUPA

AOS VECIÑOS DE FONTIÑAS

PARA FACER UN ESPANTALLO

E QUE CANTE UNHAS CANTIGAS.

 

DÉIXOLLE OS MEUS ZAPATOS

AO NOSO SEÑOR ALCALDE

PARA QUE ARRANXE O COLEXIO

PERO TOTALMENTE DE BALDE.

 

DÉIXOLLE AS MIÑAS MANS

A QUEN  SAIBA TRABALLAR,

(SE LLAS DEIXO A UN LACAZÁN

NINGUNHA FALTA LLE FAN).

 

AQUÍ REMATA

O MEU TESTAMENTO

PARA QUE SE CUMPRA

NESTE MESMO MOMENTO.

 

E QE VIVA O ENTROIDO!

 

Podedes ver as fotos na nosa GALERÍA de imaxes ou premendo na foto:


Distribuir contido