SAÍDA AO RÍO

Cando por fin a chuvia concedeu unha tregua puidemos levar a cabo a saída ao río para colocar as caixas para paxaros e morcegos, en colaboración coa asociación Adiantum.

O martes foi o alumnado de 5º de primaria ao río Mera (A Tarroeira - O Pino) e o venres o de 5º e 6º de infantil ao río Ulla (en Ximonde - Vedra), nas dúas saídas houbo convivencia, educación ambiental, andaina, merenda, xogos populares…

A continuación tedes unha pequena mostra.

 

 

 

ANIMACIÓN Á LECTURA EN EDUCACIÓN INFANTIL

A semana pasada, en educación infantil, puidemos participar en varias actividades de animación e fomento da lectura.

Asistimos no edificio Sargadelos á  XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago

 

Na biblioteca disfrutamos  co espectaculo “Os libros da titiriteira” da compañía de monicreques “A xanela do Maxín”

 

E o alumnado de 3 anos puido disfrutar no cole dun concerto de Magín Blanco, previo a representación teatral de “Gatuxo” no teatro Principal

 

 

OS NENOS E AS NENAS CON ROSALÍA

Aquí tedes o vídeo coas imaxes que enviastes sobre a nosa gran escritora Rosalía. Con xentileza da agrupación VintenBaio que nos cedeu a música para facelo máis redondo e fermoso. 

Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación!

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE NOVO ALUMNADO CURSO 2018 - 2019

Listaxe 4º educación infantil (3 anos)

Listaxe de 1º de educación primaria

Listaxe de 2º de educación primaria

 

Lembramoslles que:

As listaxes definitivas de admisión publicaranse antes do 15 de maio.

A matricula en educación infantil e educación primaria formalizarase entre o 20 e o 30 de xuño.

Corrección de erros:

Nova listaxe provisional de 2º de educación primaria

 

 

XA PODEMOS TRABALLAR O NOSO HORTO

Coa chegada da primavera empezaremos a traballar o noso horto logo de que os técnicos de parques e xardíns do Concello nos preparasen a terra e nos desen instrucións de como sementar, plantar e coidar as nosas plantas.

Agardemos que o tempo nos acompañe e a chuvia non nos siga enchoupando máis a terra para que poidamos desfrutar dos traballos de sementar, plantar e coidar para poder observar os froitos que a terra nos da.

Diante do cole, tanto en E. Infantil como en E. Primaria están situados os bancais do noso horto. Para ver as imaxes de como as nenas e nenos traballan nel preme no enlace que vos leva ao blog do proxecto documental deste curso titulado "Da horta á cociña".

 

8 de Abril: Día Mundial do Pobo Xitano

O pasado venres tivo lugar no centro Sociocultural de Fontiñas un evento para achegarnos aoPobo Xitano con motivo da celebración do seu día. 

Un grupo de mulleres xitanas, moitas delas vinculadas ao noso centro educativo, participaron na realización dun documental dentro dun taller de Identidade no que colaboraron distintas entidades públicas e privadas: Marcando a diferenza. Loitemos por cambiar os tempos.

Dito documental, incluido o Making-off, proxectouse no citado centro sociocultural.

CHARLAS DA POLICÍA

A policía visitounos estes días. A semana pasada charlou co alumnado de 6º e hoxe cos nenos e nenas de 5º. Sempre moi interesante a súa información, faláronnos de temas relacionados co acoso.

A carreira solidaria do CEIP Fontiñas

Con motivo do día da Paz, o alumnado de todos os cursos de educación primaria completou unha carreira solidaria co obxectivo de axudar a nenos e nenas de Sudán do Sur a mellorar as súas condicións de vida. Cada neno e nena de Fontiñas tivo un patrocinio dalgún familiar ou achegado/a que pagou en función das voltas que logrou dar na carreira solidaria. Polo tanto, todos e todas colaboraron grazas ao seu esforzo. En total, conseguimos recaudar 1540,20 € que se donaron á fundación Save the Children. Mandáronnos este diploma de agradecemento e estamos convencidos de que os nenos e nenas de Sudán do Sur tamén o agradecen moito. Grazas a todos os corredores e corredoras polo voso esforzo e ás persoas patrocinadoras pola súa solidariedade. 

 

21 de marzo: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

Aquí tedes as imaxes da nosa participación na OPERACIÓN "CALCETÍNS DESPARELLADOS"

 

 

 

MÁIS VISITAS AO NOSO COLE

 

María Canosa visitou o noso centro e charlou cas rapazas e rapaces de 3º e 4º curso

 

Distribuir contido