CONTINÚA O ENTROIDO

Atentos ao que toca mañá!!!!!

 

PRIMARIA

INFANTIL

 

O MECO MANDA

Estamos inmersos na semana do Entroido. En Primaria Don Sacho, en Infantil, o Meco manda. O luns garavata en primaria, algo na cabeza en infantil. O martes un colgante de cenorias e en infantil a cara decorada.

Todos atentos ao que toca mañá mercores.

 

PRIMARIA INFANTIL
   

VIVA O ENTROIDO!

Xa estamos case, case no Entroido e as nenas e nenos do noso colexio sábeno porque Don SACHO, o noso Meco que está sentado á entrada do Centro de Primaria, recórdanos esta semana o que debemos traer posto cada día.

Sorpresa!

 

DÍA DA PAZ

 

 

 O día 30 de marzo celebramos o Día da PAZ cunha festa na que nos xuntamos todos e todas no patio do colexio. Mesmo celebramos carreiras solidarias no pavillón.

 

 

Podedes ver máis imaxes na GALERÍA desta páxina web, premendo AQUÍ.

 

Tamén podedes ver un precioso VÍDEO no seguinte enlace:

 

https://youtu.be/nl2ZpPaajfI

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

 Nos días previos á celebración do día da PAZ, estamos cos preparativos...

 

OBRADOIRO DE ORNITOLOXÍA

O venres, nas aulas de Educación Infantil realizamos un obradoiro de ornitoloxía promovido pola asociación Adiantum, coa colaboración da Anpa.

O obradoiro consistiu na montaxe e decoración de caixas niño para aves e morcegos con elementos naturais. Tamén nos explicaron características das aves, tipos de aves, a súa alimentación, e a importancia das aves para os ecosistemas.

 Esta actividade terá continuidade na primavera, cando o alumnado de primaria coloque  as caixas niño no entorno do río Mera (O Pino)

casiñas1 casiñas2 ..
   

 

FESTIVAL DE NADAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Xa estamos preparados para mañá. O Festival de Nadal de Primaria está ensaiado e listo. 

FESTIVAL DE NADAL DE EDUCACIÓN INFANTIL

RECICLAXE COA TROPA VERDE

 

Onte, día 13 de decembro, o alumnado de 2º e 3º participou nunha actividade de reciclaxe coa Tropaverde para concienciar sobre o importante que é para todos que debemos aproveitar as cousas e non dedicarnos ao consumo excesivo que non fai máis que empobrecernos.

ARAO ARAO

 

Con motivo da celebración do magosto, despois de degustar as

castañas, todo o alumnado de educación infantil cantou e bailou

unha canción de roda “Arao Arao” de Pelo gato 24.

 

Podedes ver o video desta actuación.

 

 

 

Distribuir contido