Skip to Content

INICIO DE CURSO 2019-20

Benvidos e benvidas a un novo curso!!!

Desde o colexio queremos recordarvos que as clases comezarán o próximo día 11 de setembro (mércores).

 

ENTRADA AO CENTRO:

 

Alumnado de E. Infantil:

Nenos e nenas de 3 anos: As profesoras terán unha reunión coas familias o luns, día 9 de setembro, ás 17:00 horas, na que se lles informará sobre o programa de adaptación e incorporación ao Centro. Dita reunión terá lugar na Biblioteca do colexio.

Nenos e nenas de 4 e 5 anos: Ás 9:00 horas

Alumnado de E. Primaria:

Como en anos anteriores a entrada farase de xeito escalonado:

1º nivel: ás 9:00 horas

2º nivel: ás 9:30 h

3º nivel: ás 10:00 h

4º nivel: ás 10:30 h

5º nivel: ás 11:00 h

6º nivel: ás 11:30 h

O alumnado de Primaria e as familias serán recibidos na Biblioteca do Centro.

Aqueles nenos e nenas que por diversas causas acudan ao Centro a primeira hora (9:00 h), estarán a cargo de profesorado de garda pero deberán avisar previamente da súa chegada.

 

 

 



story | by Dr. Radut