A carreira solidaria do CEIP Fontiñas

Con motivo do día da Paz, o alumnado de todos os cursos de educación primaria completou unha carreira solidaria co obxectivo de axudar a nenos e nenas de Sudán do Sur a mellorar as súas condicións de vida. Cada neno e nena de Fontiñas tivo un patrocinio dalgún familiar ou achegado/a que pagou en función das voltas que logrou dar na carreira solidaria. Polo tanto, todos e todas colaboraron grazas ao seu esforzo. En total, conseguimos recaudar 1540,20 € que se donaron á fundación Save the Children. Mandáronnos este diploma de agradecemento e estamos convencidos de que os nenos e nenas de Sudán do Sur tamén o agradecen moito. Grazas a todos os corredores e corredoras polo voso esforzo e ás persoas patrocinadoras pola súa solidariedade.