EXPERIMENT-5º

FIN DE CURSO

Este día 22 de xuño rematou un camiño de 2 anos de duración  

           con moitas festas e bos momentos ...

  

  unha chea de aprendizaxes                                      e   

lecturas   tamén ....................

 

algunha que outra viaxe   e                

celebración  

BO VERÁN EXPERIMENT-5º 

valedes un mundo !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EXPOSICINE

O broche final a un curso complicado pero xenial e productivo foi "EXPOSICINE" ao longo do ano traballamos O CINE como proxecto multidisciplinar de aula por medio da  mestura  dos difentes contidos e temáticas das diferentes áreas do currículo. 

Do 16 ao 21 de xuño  o alumnado e profesosorado puido visitar no segundo andar do centro unha pequena exposición do traballo realizado polo alumnado de EXPERIMENT-5º ao longo de todo o curso 2020-21  agás as presentacións en formato dixital.

Días antes repartiron un tríptico informativo polas diferentes aulas de primaria e infantil e confirmaban a asistencia e a hora para non coincidir varias aulas á vez. 5 alumnas e 1 alumno foron as encargadas de amosar a exposición mantendo as medidas de seguridade e hixiene pertinentes. A distribución do espazo foi circular e por recunchos ben diferenciados por temáticas: xéneros do cine, expresión plástica, premios, lapbook, películas, ditos de cine, historia do cine, vocabulario de cine,etc.

Asistiron a totalidade de grupos do centro e todos/as quedaron encantados/as .....

certo é recibiron moi boas críticas!!!!!

 

Tríptico informativo.

Entrada á exposición.

Recunchos nos cales se organizou por catergorías o material.

Distribución circular. 

 

 

 

 

GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN.

 

 

 

 

VOLUNTARIOS: O CINE

O CINE este ano deu moito que falar e traballar....foron moitos os traballos realizados e de maior calidade a medida que nos iamos achegando a fin de curso....estes rapaces e rapazas realizaron investigacións, relacionaron os animais invertebrados co cine, traballos, presentacións xeniais, algunhas incluso apoiadas con material, xogos e enquisas empregando ferramentas como Quizz, Google docs, Genially, Canva....

Daniela e Sara : series. 

Alicia: series. 

Carmen: The Loud House.

Alicia, Lúa e Tania Fernández: series. 

Lúa e os Oscar

Iria e as partes dunha película.

Alicia e "El día del Sí" presentación e material. 

Brais e Lúa e a "Fabrica de chocolate" con material e presentación. 

Claudia e a SAGA HARRY POTTER.

Iria : primeiro persoaxe Disney.

Carmen e os Premios Feroz

 

Marta e Isis e as casas de Harry Potter

Alicia presentación e lapbook : tema series.

Lúa: temas películas.

Iria e Tania Prado : Campanilla.

Paula: " Raya y el último dragón".

Claudia: efectos especiais.

 

Tania Fernández : presentación e material .

Lúa e Claudia: Premios Nickelodeon.

Paula e as series de debuxos animados.

 Carmen e a Música no cine

Tania Fernández e Claudia. 

Brais e as BSO no cine. 

Marta : series.

Carmen e a muller no cine. 

Paula e Lúa temáica Harry Potter .

Claudia, Tania Fernández, Lúa, Alicia e Paula : Dumbo.

Presentación e material.

Claudia e Lúa.

 

Vocabulario do cine, Carmen.

Paula, World War Z.

Ditos famosos do cine por Carmen.

 

O papel dos invertebrados no cine. Traballo voluntario na materia de CCNN. 

 

 

 

 

TRABALLOS VOLUNTARIOS

Ao longo do curso foron moitísimos os traballos voluntarios e nestes últimos días do curso os rapaces e rapazas de EXPERIMENT-5ºestiveron presentando un feixe deles deles ....favorecendo a expresión e comprensión oral e escrita, a organización do traballo, a presentación, a oratoria, a facilidade para falar en público, realización de preguntas ao remate da exposición, control de tempo e formulación/xestión de críticas constructivas e propostas de mellora. 

 

Marta e o seu traballo sobre a liberdade de xénero e sexualidade. Acompañado dunha presentación sobre as bandeiras e o significado das denominacións e siglas. 

Lúa: Bélxica.

Acompañou a presentación con materiais que trouxo da viaxe realizou un pequeno itinerario de visita dalgúns monumentos importantes.

Paula falounos de Roma co seu lapbook.

Describíu algunhos lugares imprescindibles que ver nesa fermosa cidade italiana. 

 

Daniela e Marta presentando o traballo sobre O CANCRO: síntomas e tipos. 

 

Tania Fernández contounos a chegada dun golfiño as costas de Baiona con presentación e póster tamaño A3.

Marta trouxo unha interesante presentación sobre os signos do zodiaco e falou das característas dos compañeiros da aula así como as compatibilidades entre eles/as. 

Iria e o seu traballo sobre Saturno o planeta dos aneis. 

 

Daniela e Sara e o seu traballo sobre a contaminación mundial en formato lapbook.

MIRANDO AS PRAIAS CON OUTROS OLLOS

Coincidindo co 8 de xuño, día mundial dos OCÉANOS e por medio da Unidade de Culltura Científica e Innovación da Universidade de Vigo,  o alumnado de 5º  de primaria tivo unha charla con ANA BERNABEU:  "Mirando as praias con outros ollos". Falamos dos tipos de praias, da vida que teñen, o efecto das mareas, efectos negativos nas praias e concienciación medioambiental. Puidemos ver diferentes tipos de area e comparala según a zona: Aveiro (Portugal), Oregón (USA), Tenerife e Alicante.

Grazas a UVigo por axurdar a concienciarnos nunha labor tan importante!

 

 

MEDIO AMBIENTE : CONCELLO DE BAIONA

Con motivo do  Día mundial do Medio Ambiente a CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE de Baiona ofreceunos unha  charla moi didáctica sobre a reciclaxe, co obxectivo de divulgar e dar a coñecer o servizo que o Concello de Baiona ofrece en canto á recollida selectiva.

Entregáronnos un díptico con toda a información. Presentáronse os servizos municipais que os veciños e veciñas de Baiona teñen á súa disposición: recollida na rúa(envases, papel, vidro, roupa e aceites),punto limpo, así como a importancia de separar os residuos, non deixar nada tirado na rúa e chamar á liña 900 para asesorarse ante calquera dúbida ou solicitar a recollida de residuos de gran volume.

Os rapaces e rapazas ademais tiveron a ocasión de formular unha chea de dúbidas que xurdiron.

 

 

MICROCOMPOS

No cole estamos a tope con......

A microcompostaxe siiiii!!!!!!!

Recibimos un obradoiro no cal fixemos compos ....pero en formato mini...temos a proba na aula se querdes pasar a velo.

Certo é que aprendemos moitas cousas sobre como facelo, onde, consellos, tipos de compos,mantemento, etc. 

Queremos destacar o bo facer dos monitores xa que foi moi moi entretido. 

Este tipo de actividades desenvoltas de xeito transversal na escola axudan entre outras moitas cousas a fomentar valores tan importantes na rapazada coma o coidado do entorno e a concienciación en sostenibilidade e ecoloxía. 

Grazas ao grupo revitaliza e a Deputación de Ponte

vedra.

 

COMPOSTAXE

QUEN VIVE AÍ? e INTRUSOS NO COMPOSTEIRO foron as 2 charlas obradoiro que recibimos a semana pasada na aula.

O tema O COMPOSTEIRO e a COMPOSTAXE...falamos dende os pequenos habitantes que nel podemos atopar ata como facelo, conservalo e aplicalo. 

Este é un xeito xenial de concienciar o alumnado do centro...  super entretido e ameno grazas a Manolo ...ata nos trouxo un microscopio que se adapta na cámara do teléfono e poder ver así ata o ser máis minúsculo....

Aquí deixamos algunha imaxe....

 

 Grazas a  : Deputación de Pontevedra, CEIDA  e revitaliza. 

 

 

 

 

 

 

 

TELOCUENTANLASMATEMÁTICAS: te lo cuentan los mapas

 

Neste último obradoiro a rapazada de EXPERIMENT-5º traballou cos mapas, distancias, graos, disposición e distribución no mapa, tipos de mapas,etc.

Resultou moi interesante e instructivo a hora de traballar estes contidos cos rapaces/as e xerar neles curiosidade polas matemáticas....FOI UNHA ACTIVIDADE XENIAL!!!!!!!!!!!!

 

 

MATEMÁTICAS CO CORPO

En mates no tema de figuras planas decidimos baixar ao patio a practicar un pouco e nós mesmos facer matemáticas ....convertímonos en diámetro, círculo, circunferencia, semicírculo, radio, etc.....traballamos en grupo e afianzamos estes contidos. 

 

Distribuir contido