Hoxe comezamos unha nova actividade no cole na hora de ler
AS LECTURAS COMPARTIDAS
Ata final de curso, realizaremos a hora de ler dos venres no patio e compartiremos ese tempo cos compañeiros e compañeiras doutras clases
Será unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado
Co gallo das Letras galegas 2021 a Asociación Cultural e Social de Baíña organizou un concurso de debuxo inspirado na obra de CAÍNO.
O sábado 15/05 ás 12:00 h no pavillón do colexio, seguindo as medidas de hixiene e seguridade, realizouse un fermoso acto coas seguintes actuacións:
1º premio: MARÍA CRUZ ESTÉVEZ MARCOTE - VECIÑA de BAÍÑA
2º premio: IRIA VILA ÁLVAREZ - 2º EP
3º premio: TAIS BLACH RODRÍGUEZ - 6º EP
4º premio: UXÍA RODRÍGUEZ ANDRÉ - 6º EP
5º premio: CARMEN PÉREZ DA CUÑA - 5º EP
6º premio JULIA MUÑOZ SILVA - 6º INFANTIL
7º premio: ALEIX LORENZO VILA - 4º EP
8º premio: MIGUEL GIL GONZÁLEZ- 1º EP
Noraboa a todos a e a todas: participantes e premiados!!
Grazas á Asociación Cultural e Social de Baíña, a Caíno, Anxo Lemos, Samuel Soto, Ardelume, Baíña en rede, Concello de Baiona, alumnado e familias!
É un orgullo para o CEIP abrir as portas ao ARTE e á CULTURA de Baiona.
HOXE 23 de abril, para conmemorar o día do libro, viñemos ao cole caracterizados coa portada do noso libro favorito! Nosas profes fixeron de fotógrafas e reporteiras! Subimos ao escenario para contar por qué nos gusta ou gustou o libro e recomendalo. Apareceron títulos novos que serán añadidos aos fondos da Nosa Biblio!!! As fotos das portadas colgarèmolas no TENDAL DO DíA DO LIBRO, situado na entrada do cole. Agardamos que a situción mellore para que poidades visitalo!
MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS POR PARTICIPAR!
NOSA MASCOTA FONTUGA ACONSELLA QUE DURANTE AS VACACIONS DE NADAL LEAMOS TODO O POSIBLE! PARA PODER VER AS SUAS RECOMENDACIONS LECTORAS PREME NA IMAXE.
O equipo de Biblioteca organizou con moita ilusión a chegada do Nadal á nosa Biblioteca.
Ahegamos algunhas imaxes coas actividades propostas; Advento Lector, árbore de nadal e mural colaborativos así como algunhas actividades de repaso navideñas.
O EQUIPO DE BIBLIOTECA E NOSA MASCOTA FONTUGA DESEXAMOSVOS
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!
AS ALUMNAS E OS ALUMNOS DO NOSO CEIP ENTREVISTARON ÁS LIBRARÍAS DE BAIONA. PARA PODER VER AS ENTREVISTAS PREME NAS IMAXES.
13 de novembro: Día das Librarías
FONTUGA informa:
As nenas e os nenos de 3º- 4º- 5º e 6º de primaria están a facer de reporteiras e reporteiros!
MISIÓN: coñecer as librarías de Baiona!
Ao remate da actividade daremos a coñecer as entrevistas realizadas!
Hoxe conmemoramos o día das BIBLIOTECAS -24 de Outubro- da man de...
ESTEBAN ACUÑA: TARABELOS!!!
CONTAMOS LENDAS GALEGAS de..
1. Piratas:
Benito Soto: Pirata de Pontevedra
Gago de Mendoza: Pirata de Marín
Capitán Drake: Asalto a Galicia
2. Sereas e xacias.
3. Celtas. Chegada a Irlanda
4. Lenda da Coca de Redondela
5. Lenda dos Gamusinos.
Foi un día... MÁXICO!
Dinamismo,atención, motivación, música, arte e...
Moitas risas!
Ao remate nenas e nenos acudiron á Biblioteca do CEIP para recibir as MOCHILAS VIAXEIRAS e ver o vídeo do Protocolo de acceso á Biblioteca Escolar.
Agardamos que disfrutedes moito coas lecturas!!!
PARA VER O VÍDEO do protocolo de acceso á Biblioteca
PREME NA SEGUINTE IMAXE:
BOA VIAXE!
PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS- 24 DE OUTUBRO-
OS ALUMNOS E ALUMNAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
ELABORARON MARCAPÁXINAS DE MAFADA!
DESPEDINDO A QUINO, O XENIO DO HUMOR QUE NOS ENSINOU A REIVINDICAR O SENTIDO CRÍTICO E A TENRURA. ATA SEMPRE.