Estimadas Familias:
Do 1 ao 20 de marzo comeza o prazo de presentación de SOLICITUDES de Admisión de alumnos/as para o curso 2023 - 2024
Presentación de solicitudes:
- No centro educativo cubrindo o impreso ANEXO II ED550B de xeito manual. Podedes descargalo en arquivos adxuntos.
- A través da Aplicación web: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
No menú: Solicitudes>Admisión>Crear (unha vez cuberta presentarase no CEIP ou a través da Sede Electrónica)
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.
Xunto coa solicitude asinada polos dous proxenitores, as familias debedes achegar a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do/a alumno/a e/ou libro de familia.
- De ser o caso, sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do libro de vacinas.
- 2 (fotografías) tamaño carné.
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS EN CADA ETAPA E NIVEL:
CURSO
|
PRAZAS OFERTADAS
|
NEAE
|
VACANTES ESTIMADAS
|
4º Infantil
|
25
|
3
|
25
|
5º Infantil
|
25
|
0
|
9
|
6º Infantil
|
25
|
0
|
15
|
1º Primaria
|
25
|
3
|
11
|
2º Primaria
|
25
|
0
|
7
|
3º Primaria
|
25
|
0
|
7
|
4º Primaria
|
25
|
0
|
11
|
5º Primaria
|
25
|
0
|
11
|
6º Primaria
|
25
|
0
|
13
|
As dúbidas serán resoltas polo centro educativo en horario de 08:30 a 14:00H. Teléfono de contacto: 886.151082


Benvidas e Benvidos a todas e a todos!
Apertas!