Skip to Content

2º Curso

OBRADOIRO DE XOGOS DO OUTONO

Primeira saída dos rapaces e rapazas de 2º de primaria polos arredores do parador de Baiona.

Pasáronno xenial.

Esperamos que repitan experiencia por outros lugares do entorno cercano.

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

VISITA AO CONCELLO, MERCADO E CASA-MUSEO DA NAVEGACIÓN

O alumnado de 1º e 2º de Primaria visitaron o 4 de maio o Concello, o mercado e a Casa-Museo da Navegación para completar a formación sobre os oficios e profesións.

No Concello foron recibidos pola primeira teniente de Alcalde, María Iglesias Fernández no Salón de Plenos.

Despois visitaron o mercado onde puideron ver os distintos oficios e remataron a visita na Casa-Museo da Navegación.

IMOS AO CINE A VER MAIMIÑO

Hoxe luns comezamos a semana o alumnado de 1º, 2º e 3º indo ao Auditorio de Baiona para ver o filme Maimiño. Despois visitarán a Carabela e merendarán no parque da Palma.

 

SAMAÍN 2015

A nosa Escola ,visión dunha antiga alumna do Ceip Fontes.

O 26 de Outubro visitou a clase de 2º a nai de Leti para contarnos  a súa andaina polo CEIP de Fontes fai anos, as súas vivencias, amistades, aprendizaxes... Moitas grazas Bea por esta visita e contarnos cousiñas da Historia da nosa Escola.

 

TALLER DE COCIÑA EN FONTES.

TALLER DE COCIÑA DE OUTONO.

Este ano elaboramos unhas deliciosas Bolitas de virutas de chocolate e un Batido de plátano con uvas.

      

VISITAMOS O PARQUE DE FONTES.

UN NOVO AMIGO PARA A NOSA CLASE.

Despois duns días de curso, o 1 de outubro incorporouse a nosa clase un amiguiño máis ,Marcos.Benvido Marcos ao CEIP FONTES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

BENVIDOS AO CURSO 2015-2016

O 10 de setembro comezou o novo curso, este ano en 2º somos 12  traballaremos e coidarémonos moito uns a outros.

VISITA DE 1º E 2º POLO CONCELLO DE BAIONA

O pasado xoves día 5 de maio de 2015 o alumnado de 1º e 2º de Educación de Primaria fixeron unha visita moi completa polo noso concello.

Primeramente visitaron o Concello onde foron recibidos pola concelleira de Educación e o Alcalde e celebraron un Pleno Escolar. Despois visitaron o Mercado, a Casa-Museo da Navegación e a réplica da carabela Pinta.

Despois de merendar no Parque da Palma estiveron na Biblioteca Municipal onde puideron ver os marcapáxinas presentados ao concurso e os gañadores. E aínda houbo tempo para ler na Biblioteca!

Distribuir contido


by Dr. Radut