Skip to Content

1º Curso

1º Curso

VISITA AO CONCELLO, MERCADO E CASA-MUSEO DA NAVEGACIÓN

O alumnado de 1º e 2º de Primaria visitaron o 4 de maio o Concello, o mercado e a Casa-Museo da Navegación para completar a formación sobre os oficios e profesións.

No Concello foron recibidos pola primeira teniente de Alcalde, María Iglesias Fernández no Salón de Plenos.

Despois visitaron o mercado onde puideron ver os distintos oficios e remataron a visita na Casa-Museo da Navegación.

IMOS AO CINE A VER MAIMIÑO

Hoxe luns comezamos a semana o alumnado de 1º, 2º e 3º indo ao Auditorio de Baiona para ver o filme Maimiño. Despois visitarán a Carabela e merendarán no parque da Palma.

 

Entrevista en 1º

O pasado mércores 21 de outubro recibimos na clase de 1º unha visita moi especial.

Susi, a mamá de Manuel, veunos contar cousas do cole de cando ela era pequena, xa que ela comezou o cole en 1º... o ano que se estrenou o cole de Fontes - Baíña!

Videos de Cancións

Aquí van algunhas das cancións que empregamos para aprender:

- As vogais 

- Os números

GRAFOLETRAS

Aquí vai un programiña para aprender a debuxar as letras minúsculas e os números.

Chámase Grafoletras e debería aparecer como arquivo adxunto (grafoletrasg.exe). soamente hai que descargalo e facer dobre clic para poñelo en marcha (é moi sinxelo)

Un saúdo.

GRAFOLETRAS

Aquí intento publicar un programiña que axuda a aprender a debuxar as letras minúsculas e os números.

Chámase grafoletras e debería aparecer como arquivo adxunto, a ver se sae ben e podedes descargalo (é moi sinxelo).

Un saúdo para tod@s.

LETRAS GALEGAS 2015

OS GUSANOS CAMBIAN DE FASE.

Tanta folla de moreira deu lugar aos nosos grandes gusanos de seda, algúns xa andan ca seda a voltas facendo o seu capullo para pasar a seguinte fase. Increible co pequerrechos que eran como creceron. Seguiremos informando.

EXCURSIÓN DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA A BAIONA.

A nosa excursión por Baiona, queres ver a nosa ruta, pincha no enlace

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d20500345k2005829o1l1/excursin-752015

VISITA DE 1º E 2º POLO CONCELLO DE BAIONA

O pasado xoves día 5 de maio de 2015 o alumnado de 1º e 2º de Educación de Primaria fixeron unha visita moi completa polo noso concello.

Primeramente visitaron o Concello onde foron recibidos pola concelleira de Educación e o Alcalde e celebraron un Pleno Escolar. Despois visitaron o Mercado, a Casa-Museo da Navegación e a réplica da carabela Pinta.

Despois de merendar no Parque da Palma estiveron na Biblioteca Municipal onde puideron ver os marcapáxinas presentados ao concurso e os gañadores. E aínda houbo tempo para ler na Biblioteca!

Distribuir contido


by Dr. Radut