Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

NOVAS

NOVO PROTOCOLO COVID ACTUALIZADO 1-06-2022

06/01/2022 09:08
Europe/Madrid

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfontesbainha/?q=system/files/2022_...

OBRIGATORIEDADE USO DA MÁSCARA EN CENTROS EDUCATIVOS

Estimadas familias:

EN ARQUIVOS ADXUNTOS ACHEGAMOS AS NOVAS SOBRE A AOBRIGATORIEDADE DO USO DA MÁSCARA EN CENTROS EDUCATIVOS.

NO CEIP FONTES BAÍÑA SEGUIREMOS EMPREGANDO A MÁSCARA EN TODO O RECINTO ESCOLAR, INCLUÍDO O PATIO.

APERTAS.

 

14/01/2022: PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

        PROTOCOLO DE VIXILANCIA

 

 

PARA LER O PDF COMPLETO FAI CLICK NO LINK

Actualización Protocolo Covid 30/12/2021

Estimadas familias:

De acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos. Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas. Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa. A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento.

En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante.

En arquivos adxuntos podedes ver a actualización na detección e manexo de casos de infección activa polo virus SARS-Cov-2 en atención primaria e a abordaxe dos contactos estreitos.

Agardando que a situación sanitaria mellore reciban un cordial saúdo.

Orde pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado do centro

Estimadas familias:

Achegamos a normativa coa información xeral sobre o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria.

  • O ALUMNADO BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2020-2021 NON TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE.
  • Ten que presentar a solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

1. Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

2. Alumnado matriculado en educación especial.

3. Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

4. Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Forma de presentación da solicitude: UNICAMENTE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO EDUCATIVO.

Prazo de presentación de solicitudes: 16-27 novembro 2020.

Saúdos.

Convocatoria para o reparto de máscaras entre o alumnado do centro.

 

 

NOVAS COVID-19

Adxuntamos os seguintes documentos para a súa lectura:
  •  VERSIÓN 4/11/2020 do PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021. As novidades aparecen escritas en 
  1. Para o alumnado de 1º e 2º ciclo de Educación Infantil, restrinxirase o uso do xel hidroalcohólico e priorizarase o uso de agua e xabón ou outros tipos de solucións xabonosas. 
  2. Para o alumnado de Educación Primaria extremarase o coidado coa utilización do xel hidroalcohólico, administrando unha cantidade de xel adecuada ao tamaño da man de cada neno/a, informando aos nenos e nenas de que debe ser absorbido antes realizar outras tarefas. Nos grupos de idade ata os 7 anos, deberase prestar especial atención por parte dos coidadores á aplicación do xel por parte do alumnado.
  • PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA COVID-19 NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

 

  • RECOMENDACIÓNS SOBRE A VENTILACIÓN EN CENTROS EDUCATIVOS NO CONTEXTO DA COVID-19

Test de antíxenos gratuitos en farmacias para nenas e nenos entre 5 e 11 anos

 

  • A partir do LUNS día 20 as farmacias ofrecerán 1 auto test gratuito por nena 

  • neno entre 5 e 11 anos.

  • Clica na imaxe para ler a noticia.

Protocolos covid-19 da Consellería de Educación

En ficheiros adxuntos podedes ler os protocolos publicados pola Consellería de Educación:

  • Protocolo centros Educativos
  • Protocolo diversidade
  • Protocolo comedores

 

Para máis información preme na seguinte imaxe:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut