Skip to Content

Novas

O ENTROIDO SOLIDARIO

 

Como no anterior trimestre, neste tamén imos celebrar a festa da convivencia e consideramos que non hai mellor momento que o Entroido. Aproveitaremos para dar visibilidade á extraordinaria labor que fan as asociacións e ONGs para axudar aos máis necesitados e para protexer o medio ambiente.

Invitámosvos á festa do noso Entroido Solidario que terá lugar no colexio o venres día 5 co seguinte programa:

11:00 h: Degustación de doces típicos destas datas que traerá o alumnado das súas casas.

12:15 h: Gran Desfile e actuación das comparsas.

13:15 h: Queima do Meco, se o tempo o permite.

 Pulsar "leer máis" para ver o vídeo.

 

 

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO AS TÚAS MANS SON NECESARIAS

Onte 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
No CEIP de Fontes-Baíña reunímonos todos e todas na sala de usos múltiples para realizar unha serie de actividades:

  • Vimos un vídeo sobre os estereotipos.
  • Gardamos un minuto de silencio
  • O alumnado de 6º presentou o Decálogo que fixemos entre todos os cursos.
  • E finalmente, cantamos todos xuntos.

Asemade, todo o alumnado levou para traballar na familia dúas fichas sobre o reparto de tarefas no fogar e orientacións para educar en igualdade.

Aquí tedes o acto en imaxes.

 

ENQUISA SOBRE O CLIMA DE CONVIVENCIA

 

O pasado venres día 13 de novembro repartiuse unha carta cunha clave a cada familia para respostar a unha enquisa totalmente anónima sobre a convivencia no noso centro.

Pódese acceder á enquisa a través do ordenador ou desde calquera dispositivo móbil con conexión a internet.

Lembrade que cando escribades o enderezo hai que poñer "https" (se non se pon o "s" non vai, pois o que indica é que a conexión está encriptada)

Agradecemos a vosa colaboración e participación nesta recollida de datos que axudará a elaborar un instrumento de diagnose inicial que permita identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos a nivel de toda Galicia.

http://www.edu.xunta.es/portal/Educonvives.gal

 

MAGOSTO

O vindeiro venres día 23 de outubro celebraremos o Magosto en Chan da Lagoa sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

O alumnado deberá levar:

-Comida e bebida

-Castañas cunha fenda

-Viseira para o sol.

O regreso está previsto para as 16:00 horas polo que non haberá comedor pero si transporte desde o centro a esa hora.

PROXECTO "CONMEMORACIÓNS E OS SEUS VALORES"

PROXECTO "CONMEMORACIÓNS E OS SEUS VALORES"

Estimadas familias, durante este curso imos traballar toda a comunidade educativa do CEIP de Fontes-Baíña a prol dunha conmemoración ao mes e os seus valores.

Neste primeiro trimestre celebraremos 3 importantes datas:
-Durante o mes de outubro o Día Internacional do Neno e da Nena (20 de novembro).
-O Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) traballarase durante o mes de novembro.
-E ao longo de decembro traballaremos sobre os valores que representa o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10 de decembro).

ACTIVIDADE PARA OUTUBRO: LEMBRANZAS DA MIÑA ESCOLA

Durante as vindeiras semanas queremos coñecer as vosas lembranzas da escola de Fontes. Para elo, podedes recompilar fotos, anécdotas, materiais... que gardedes nas vosas casas e achegárnolas á escola.

EMPEZA O NOVO CURSO

 

A Comunidade Educativa do CEIP de Fontes-Baíña dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2015-2016.

Agardámosvos este xoves día 10 de setembro ás 8:50 h. coa ilusión de reencontrarnos e con enerxías renovadas para comezar xuntos o novo curso.

 

AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Cultura e Educación habilita un cheque de 50 euros para os alumnos de Primaria e ESO con renda per cápita familiar inferior a 5.400 euros anuais.

Os/As interesados/as en solicitar a axuda poden achegarse á Secretaría do centro para presentar a solicitude que adxuntamos.

Máis información: http://www.edu.xunta.es/portal/node/16843

material escolar

FONDO SOLIDARIO PARA 3º E 5º

 FONDO SOLIDARIO PARA 3º E 5º

O listado definitivo do Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 5º de E. Primaria para o vindeiro curso 2015/16 está exposto no taboleiro do Centro.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 2015/16

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2015/16

Xa están dispoñibles no taboleiro de anuncios do Centro e nas librarias:
-Libros de texto dos cursos E.Infantil (só inglés), 1º, 2º, 4º e 6º
-Material para 2º, 3º e 6º.
O resto de libros e material quedan pendentes para setembro.

 

 

RECORDATORIO PARA O ALUMNADO DE 6º

RECORDATORIO PARA O ALUMNADO DE 6º

Lembramos ás familias que deben acudir ao centro para recoller o historial académico para presentar o día 8 de xullo no Instituto de Secundaria.
A secretaría do CEIP de Fontes Baíña permanece aberta de 10 a 13 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut