Skip to Content

Novas

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2018/19

SOLICITUDE

PRAZO: Do 1 ao 20 de marzo.
MODOS: Pódese facer a través dun dos seguintes:

  1. Aplicación <admisionalumnado>
  2. No centro de primeira opción.

Unha única solicitude, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia.

DOCUMENTACIÓN:

  • Solicitude de admisión ED550B que se adxunta (abaixo). Tamén pode descargarse na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación <admisionalumnado>
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

 

CONSULTA

Os centros publicarán as listaxes de admitidos/non admitidos:

  • Listados provisionais: Antes do 25 de abril (Reclamación: 5 días hábiles a partir do seguinte día á publicación das listaxes).
  • Listados definitivos: Antes do 15 de maio.

O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes:
- A través da aplicación <admisionalumnado>
- Utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

PRAZO: Para Educación Infantil e Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.

Unha vez adxudicada a praza escolar se non se formaliza a matrícula nos prazos establecidos, pérdese a vacante adxudicada e pérdese a praza escolar do centro educativo no que estaba matriculado/a o alumno/a anteriormente.

 

FESTIVIDADE LOCAL

Comunicámoslles ás nosas familias que o vindeiro martes 26 de setembro non haberá clases no noso colexio debido a que no Concello de Baiona é festivo local.

Un saúdo

O Equipo Directivo

REUNIÓNS INICIAIS COS PAIS/NAIS DO NOSO ALUMNADO

O novo curso xa escomenzou e o vindeiro martes 19 de setembro terán lugar no noso colexio as reunións iniciais do profesorado cos pais/nais do noso alumnado. Terán lugar às 16:30.

Convivencia Escolar

Convivencia Escolar

 

No marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proporciona aos centros docentes unha ferramenta para desenvolver o procedemento corrector de condutas contrarias ás normas de convivencia, que guía a actuación do profesorado nestes casos. Esta ferramenta consta dunhas orientacións que pretenden dar resposta ás cuestións máis frecuentes que se formulan os centros cando se enfrontan a unha situación desta índole, e uns modelos normalizados que recollen o procedemento que cómpre seguir para a súa tramitación. Acompáñanse estes dous documentos cun mapa gráfico que ilustra todo o proceso.

As familias tamén contan...

Calendario escolar curso 2017/18

BENVIDOS Ó NOVO CURSO 2017-2018

Benvidos a todos a un novo ano escolar.

O vindeiro 11 de setembro comeza o novo curso escolar 2017-2018.

 Este ano teremos novos compañeiros no profesorado, aos que saudamos, en substitución de outros que nos deixan, aos que mandamos a maior das apertas.

Seguiremos a traballar coa mesma ilusión de sempre para, entre todos, conseguir chegar á meta final que non é outra que engrandecer cada día máis os nosos rapaces.

Esperamos seguir contando coa inestimable axuda e apoio dos pais e nais para acadar este obxectivo.

Moitas grazas e bo retorno ás aulas.

AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS

No taboleiro do centro está exposta a listaxe de admitidos e excluidos das axudas para material escolar e libros de texto así como a lista provisional de adxudicación do fondo de libros de texto.

Xa se poden recoller os vales na secretaria do centro o martes día 11 e o mércores 12, de 10 a 13 horas.

 

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-2018

Achegamos o listado de libros para Educación Infantil e Educación Primaria para o vindeiro curso 2017-2018.

 

INFORMACIÓN SOBRE A FOLGA DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA

Hai convocada unha folga xeral de carácter indefinido para os martes e mércores de cada semana no sector do transporte de viaxeiros por estrada que ten incidencia os días 20 e 21 de xuño no sector educativo.
Distribuir contido