Skip to Content

Novas

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO DE LIBROS E AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR

Informamos que no taboleiro de anuncios do colexio, está á vosa disposición a LISTAXE  PROVISIONAL de admitidos e excluídos das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Aconsellamos revisar a documentación e ante calquera dúbida poñerse en contacto co centro. A LISTAXE DIFINITIVA será publicada na semana do 19 de xullo.

Comunicamos ás familias  beneficiarias de VALES para a axuda de libros e/ou material escolar, que poderedes recollelos en Secretaría ao longo desta semana 9,10,11,12 de xullo en horario de 10:30 a 13:30.

 

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2019-20

Achegamos listado libros de texto para o curso 2019/20.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 2019-20

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019-20.

Xúntase a Orde do 03 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído).

Enlace ao Diario oficial de Galicia

Enlace a Anexo I e II

 

 

SOLICITUDE ADMISIÓN CURSO 2019-20

Comunicamos que desde o día 1 ata o 20 de marzo ábrese o prazo para a solicitude de admisión de alumnado para o curso 2019-20.

As xornadas de portas abertas serán: os martes 19 e 26 de febreiro de 2019, ás 17:30h.

Anímense e veñan a coñecernos!!!

RESERVA DE PRAZA DE CENTROS ADSCRITOS

Informamos que desde o día 1 ao 15 de febreiro ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza, cambio dun centro a outro ao que se estea adscrito.

O CEIP Fontes-Baíña está adscrito ao IES 1º de Marzo, polo que o alumnado de 6º de Educación Primaria deberá confirmar a reserva de praza nese instituto.

A solicitude pódese facer de xeito manual cubrindo o ANEXO I facilitado polo centro ou entrando na aplicación: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado no menú solicitudes - reserva de prazas - crear solicitude, cubrindo o formulario ED550A na mesma aplicación.

O Anexo I cuberto débese entregar no centro de orixe, neste caso no CEIP Fontes-Baíña. As familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

A notificación electrónica a través do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia Notific@: https://notifica.xunta.gal realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente.

 

 

 

INVITACIÓN FUNCIÓN DE NADAL 2018

CALENDARIO RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2018

Estimadas familias:

Comunicamos o inicio do proceso de renovación parcial do consello escolar deste centro.

O día 06 de novembro na reunión da xunta electoral, ademáis de constituirse como tal, determinouse o calendario electoral que pasamos a notificar:

  • 07 de novembro: Exposición do censo electoral no taboleiro do colexio.

  • Do 07 ao 16 de novembro: Presentación de candidaturas no colexio de 08:50h a 10:30h.

  • 19 de novembro: Admisión e proclamación de candidaturas e constitución das mesas electorais.

  • 21 e 22 de novembro: Período de reclamacións e resolución das mesmas, de 08:50h a 10:30h, no colexio.

  • 27 de novembro: Eleccións profesorado. De 16:00h a 17:00h, no colexio.

  • 28 de novembro: Eleccións nais/pais ou titores legais. De 08:50h a 13:50h, no colexio.

  • 29 de novembro: Proclamación de candidatas e candidatos elexidos.

  • 04 de decembro: Constitución do consello escolar.

 

En Fontes, a 06 de novembro de 2018.

A directora e presidenta da Xunta Electoral

 Mª Lourdes Fernández Ruiz.

 

Renovación parcial do Consello Escolar

No Diario Oficial de Galicia de 8 de outubro de 2018, publícase o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, polo que se realizará proximamente neste centro a renovación parcial do Consello Escolar, instrumento de participación na vida do colexio de toda a comunidade educativa. As votacións tanto de profesorado como das familias será entre o 26 e o 30 de novembro de 2018.

Lembramos que o Consello Escolar está formado por:

  • Directora (Presidenta).
  • Xefa de Estudos.
  • Secretaria.
  • 5 mestres/as (Elixidos polo Claustro).
  • 5 pais/nais (4 elixidos polos pais/nais e 1 proposto pola ANPA).
  • 1 representante do Concello (a proposta do mesmo).
  • 1 representante de servizos.

Nestas eleccións haberá que elixir tres representantes de nais/pais ou titores legais.

 

Fomentar a autonomía e responsabidade das nosas fillas e fillos (Charla- AMPA)

CHARLA-OBRADOIRO  28 DE MAIO 2018  19:00h

    

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 2018-19

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/2019.

Xúntase a Orde do 09 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

Orde de 9 de maio de 2018

Anexos I e II: Solicitude

 

Distribuir contido


by Dr. Radut