Skip to Content

  Botón que abre a Web de Voz Natura   Botón do Plan Dixital             

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Dinamización Lingüística

Proxecto Lingüístico CEIP Fontes Baíña 2023-2027

 

Clica na imaxe para ler o PROXECTO LINGÜÍSTICO

Samaín 2023

 

Pincha na imaxe para reproducir o vídeo

OS TEUS DOCES CANTARES

 

Polo día de Rosalía de Castro, a aula de 5º de primaria preparou un poema da autora. Clica no título para acceder ao vídeo:

  "TEUS DOCES CANTARES"

 

O XARDÍN DE ROSALÍA -23/02/2022- Día de Rosalía

Para conmemorar o día de ROSALÍA visitounos ANXO MOURE e realizamos este fermoso xardín:O XARDÍN DE ROSALÍA

Álbum: Curso 2021-2022 -> ANXO MOURE polo día de ROSALÍA

24 DE FBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

Como cada ano, o 24 de febreiro celebramos o día do nacemento de Rosalía de Castro. No seguinte vídeo recóllese o traballo de todo o noso alumnado para festexar esta importante data!!!

 

Día da paz

DÍA DA PAZ 2021

A VACINA DO BO TRATO!!

Como cada ano, o 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e da non violencia. Durante estes días todos os alumnos e as alumnas do cole atoparon un virus que dificulta a nosa convivencia; trátase do MALTRATAVIRUS.

A boa noticia é que entre todos os nenos e nenas atoparon unha vacina, a VACINA DO BO TRATO! Os principios activos desta vacina son o amor, o cariño, o respecto, a educación, a amabalidade, a amizade, a igualdade...Esperamos que con esta vacina protexamos a todo o noso entorno.

 

 

 

 

 

 

  

DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA

DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O día 20 de novembro conmemórase o día dos DEREITOS DA INFANCIA. As alumnas e os alumnos do cole traballaron con moita ilusión durante estes días para lembrarnos cales son os dereitos de todos os nenos e nenas.

A canción que se escoita durante o vídeo é Sky full of stars de Coldplay. Cada neno e cada nena son como estrelas que brillan no ceo.

 

 

Exposición de cabazas Samaín 2020

Exposición de cabazas Samaín 2020!!

Como cado ano, non podía faltar a tradicional exposición de cabazas que nesta ocasión viñeron moi ben protexidas. Quedamos abraiados cos resultados, que alumnas e alumnos tan creativos temos!!! Noraboa a todos e a todas polos resultados!!!

 

 

 

 

 

 

Visita do apalpador

Grazas as ANPAS do CEIP FONTES BAIÑA e o CPI COVA TERREÑA!

A visita do Apalpador foi todo un éxito!

Grazas a Manu Girondo!

Xuntos todo é mellor.

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro

- 24 de febreiro-

Visitounos por sorpresa unha mestra vestida coma ela e proxectamos unha Presentación sobre a vida de Rosalía.
Todas e Todos xuntos cantamos o poema:
 
ADEUS RÍOS ADEUS FONTES.
 
 
 
Álbum: Sen categoría -> DÍA DE ROSALÍA
Distribuir contido


by Dr. Radut