Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Equipo de actividades complementarias e extraescolares

Integrantes curso 2020-2021: 1. Díaz Pérez Azucena 2. Cebreiro Balboa Inés 3. Pérez Pérez Natividad Coordinadora: Abella Fernández Celia

Para o MÉRCORES o MECO manda...

O meco manda...

II DESFILE INFANTIL *ENTROIDO 2024*

Festa da auga

O último día de clase celebramos a festa da auga no cole.

Fixemos diversos xogos e ata tivemos un tobogán inchable, foi xenial!!

E para rematar a mañá tivemos a festa da escuma!

Grazas a nosa ANPA por traernos este inchable tobobán tan molón! e grazas tamén pola festa da escuma!

Aquí tedes algunhas fotos do que fixemos para clausurar o curso 2022 - 2023!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Festa da auga

MAGOSTO 2022

No propio día do SAN MARTIÑO -11 de novembro- festexamos o MAGOSTO no noso monte preferido: CHAN DA LAGOA!

Agradecemos a JUAN- Presidente da comunidade de montes- por facerse cargo do orzamento do autobús que en dúas viaxes subiu ata o monte ao alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria subiu andando

custodiado pola policía do Concello de BAIONA!

 Nun fermoso día de sol gozamos coa visita dos garranos,  saímos a buscar o pico, asamos as castañas e merendamos nun entorno insuperable e marabilloso!

Álbum: Curso 2022-2023 -> MAGOSTO 2022

ACTO DE GRADUACIÓN 2022

Nosas alumnas e alumnos de 6º Educación Infantil e 6º Educación Primaria rematan 2 etapas importantes! 

Contamos con dous presentadores excelentes para guiar o acto: AROA E LUCAS DE 5º EP!

Acompañounos o Alcalde de Baiona: Carlos Gómez, quen agasallou a tódolos alumnos/as de primaria con un exemplar do libro: UN PASEO POR BAIONA!

Realizáronse as seguintes actuacións:

  • Baile *GRAZAS A TI* polo alumnado de Educación Infantil xunto ás súas familias.
  • Waka Waka: canción interpretada e bailada polo alumnado de 6º EP. Canción do Mundial do 2010, elexida por ser o ano no que nosas alumnas e alumnos naceron!
  • Danza das espadas: interpretada polo alumnado de 6º Educación Primaria.
  • Entrega de orlas, diplomas e agasallos.
  • Convite para os/as graduados/as e as súas familias.

NORABOA A TODAS E A TODOS

MOITA SORTE NA NOVA ANDAINA!

Álbum: Curso 2021-2022 -> ACTO DE GRADUACIÓN 2022

ENTROIDO 2022

Neste ENTROIDO desfilamos con traxes moi orixinais: cada un de seu pai e súa nai!!

;)

Coñecimos ao CIGARRÓN e o CAPUCHÓN de VERÍN (Ourense)

Bailamos ao ritmo das TANXUGUEIRAS

e, para non perder a tradición

Queimamos ao MECO que nos ensinou a reciclar!

...Ata o ano que vén ENTROIDIÑO!

 

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> ENTROIDO 2022

Magosto en Chan da Lagoa

 

 

Clica na imaxe para ver o vídeo do Magosto!

Excursión a MONTEFERRO

Álbum: Curso 2020-2021 -> SAÍDA MONTEFERRO

E N T R O I D O * 2 0 2 1*

Estimadas familas:

Neste entroido non poidemos contar coa voa presenza,tocounos un entroido diferente pero alegre e cheo de hábitos saudables!!!

Grazas á profe de música por amenizarnos a xornada entroideira coa súa coreografía!

Grazas ás mestras/es polo seu traballo incondicional!

Achegamos o álbum coas fotos, o vídeo grupal subirémolo o xoves!

Apertas!

Álbum: Curso 2020-2021 -> ENTROIDO 2021
Distribuir contido


by Dr. Radut