Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

As emocións a través da música

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2017

Xa temos todo preparado para celebrar o Día de Rosalía de Castro que este ano imos adiantalo un pouquiño para que non coincida coa celebración do Entroido.

Na Biblioteca temos libros moi interesantes sobre a obra e a vida desta xenial escritora e poeta. Durante estes días poderemos escoitar no recreo varios poemas interpretados por Uxía, do libro Rosalía pequeniña.

 

V CERTAME DE RELATO CURTO

 
Organizado por FANPA para Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e adultos.

XOGANDO AO XADREZ EN FONTES

Grazas ao préstamo durante un mes da maleta viaxeira de xadrez do Centro de Formación do Profesorado de Vigo, tivemos a oportunidade de que o alumnado se iniciara neste interesante xogo de estratexia.

Cando rematou o préstamo, e dado o interese suscitado entre o alumnado, decidimos mercar taboleiros e continuar con esta actividade durante os recreos durante todo o curso.

Moitas grazas profe Julio polo tempo e o empeño que lle puxeches!

 

LECTURAS SOBRE EMOCIÓNS

Na Biblioteca podes atopar un gran número de lecturas dedicado ás emocións, que é o proxecto deste curso, "As emocións a través da música".

Seguro que che gustan!

SUSA HERRERA CONVÍDANOS A CANTAR

SUSA HERRERA convídanos a cantar con ela o xoves día 2 de febreiro ao alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria.

Traede preparada a vosa mellor voz :-)

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS SOBRE O DÍA DA PAZ

Istas son os libros que poñemos á vosa disposición na Biblioteca do cole para a celebración do Día da non violencia e da paz.

Agardamos que vos gusten.

 

 

 

ACTO DE CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

 

Este curso 2016-2017 abordamos o día da paz dende o punto de vista musical.

A música é unha das expresión maís antigas que ten o ser humano para transmitir sentimentos e é por iso que se usou maioritariamente para celebracións festivo-conmemorativas onde a poboación de calquera época se xunta cun propósito común, celebrar algo en boa sintonía.

A música une, relaxa, e explica dunha forma que case todo o mundo entende, a esencia cultural dun pobo.

Coñecendo esta esencia e máis doado empatizar con outras xentes e outros pobos con distintas tradicións.

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe celebramos o Día Escolar da non violencia e da paz con danzas de todo o mundo.

 

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL

 

 

LATEXANDO POR TI

3 DE DECEMBRO: DIA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

Distribuir contido