Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

PROXECTA O CAMIÑO PORTUGUÉS

Ben sabedes que neste curso estamos a traballar un Proxecta do Camiño de Santiago e o Camiño Portugués ao seu paso por Baiona " Somos un camiño de 9,7 " é o título do noso Proxecta....pois aí deixo unhas fotos do excelente traballo que están a facer os alumnos de EXPERIMENT-4º.

Grazas a este tipo de proxectos da Consellería de Educación podemos traballar co alumnado múltiples competencias e destrezas, están presentes a totalidade de áreas: Matemáticas (cálculo de distancias, km dos diferentes Camiños, precios do camiño, diferentes moedas, cálculo de tempos, división das etapas), Ciencias Naturais (paisaxe, hábitos de coidado do corpo,responsabilidade ambiental, animais e ecosistemas, as máquinas, os estados da materia), Ciencias Sociais (xeografía, ríos, clima-tempo, relevo, organización dos habitantes, etapas da historia), Linguas (diferentes linguas do camiño, escritura, comprensión de trípticos,interpretación de mensaxes), Plástica ( deseño de publicidade, mapas, símbolos).

 

 



page | by Dr. Radut