bibliotecas

 

 

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Entre o 6 e o 10 de marzo estamos a celebrar a 29º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituida oficialmente dentro do calendario escolar en 1989, convertindo a prensa nun elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o sentido crítico do alumnado.

Todo o alumnado do centro participou xunto cos seus titores/as na elaboración dun album que recolle as emocións que suscitan as noticias dos xornais, enmarcado dentro do proxecto "As emocións a través da música" e a proposta do Equipo de Dinamización Lingüística do centro.