Skip to Content

SAÍDA AO ECOPARQUE E AO PARQUE DOS SENTIDOS EN MARÍN

O pasado mércores día 1 de xuño fixemos a saída de fin curso ao Eco-parque Multi-aventura Rías Baixas de Marín. Este tipo de parque ten como obxectivo agrupar nunha contorna natural aventura, educación, respecto pola natureza, coñecemento do medio e disfrute, mediante a actividade física.

Está formado por 5 circuitos multi-aventura nos que temos que combinar equilibrio, inxenio, forza, destreza e auto-control para superar as diferentes probas que se nos presentan. Os distintos circuitos clasificanse por niveis de dificultade e altura. Recorren moitas árbores con pontes de mono, pontes tibetanas, saltos de Tarzán, trapecios, pasarelas, redes verticais, pasos de xigante, tirolinas...

E pola tarde visitamos a Granxa de Briz, tamén chamado o Parque dos Sentidos, no centro de Marín, que conta cunha zona de aventura, con lagos, tobogáns e xogos na natureza, una lagoa natural e outra artificial.

     

   

   

 



story | by Dr. Radut