DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de Novembro conmemórase o Día dos Dereitos da Infancia.
No colexio levamos feitas varias actividades, como ben sabedes, durante o pasado mes.
E hoxe para darlle un toque especial a este día fixemos unha SUPER CARIÑA FELIZ na que participou todo o alumnado do colexio ademais do profesorado para desexarvos a Comunidade Educativa do CEIP de Fontes-Baíña un Feliz Día Universal do Neno e da Nena. Aquí tedes a foto dese intre. |
||
|
Asemade, se clicades neste enlace poderedes ver o como se fixo a cariña sorrinte. | |
![]() |
Tamén no día de hoxe nos acompañaron Mª Fe, Ángel, José Luis Cadenas e Xulio que nos viñeron a contar mil e unha historias de como empezaron a traballar no colexio alá polo ano 1980, moitas anécdotas e algunha broma que lle gastaron a Mino cando era Xefe de Estudos. |
|
Ao rematar sacamos unha foto para o recordo. Quen sabe, quizá dentro de outros 30 anos forme parte das lembrazas de alguén. |
|
|
Na páxina de UNICEF atopamos máis información sobre esta conmemoración.
E podemos ver unhas curtametraxes de debuxos moi interesantes. |
- 531 lecturas