TRABALLOS VOLUNTARIOS
Ao longo do curso foron moitísimos os traballos voluntarios e nestes últimos días do curso os rapaces e rapazas de EXPERIMENT-5ºestiveron presentando un feixe deles deles ....favorecendo a expresión e comprensión oral e escrita, a organización do traballo, a presentación, a oratoria, a facilidade para falar en público, realización de preguntas ao remate da exposición, control de tempo e formulación/xestión de críticas constructivas e propostas de mellora.
Marta e o seu traballo sobre a liberdade de xénero e sexualidade. Acompañado dunha presentación sobre as bandeiras e o significado das denominacións e siglas.
Lúa: Bélxica.
Acompañou a presentación con materiais que trouxo da viaxe realizou un pequeno itinerario de visita dalgúns monumentos importantes.
Paula falounos de Roma co seu lapbook.
Describíu algunhos lugares imprescindibles que ver nesa fermosa cidade italiana.
Daniela e Marta presentando o traballo sobre O CANCRO: síntomas e tipos.
Tania Fernández contounos a chegada dun golfiño as costas de Baiona con presentación e póster tamaño A3.
Marta trouxo unha interesante presentación sobre os signos do zodiaco e falou das característas dos compañeiros da aula así como as compatibilidades entre eles/as.
Iria e o seu traballo sobre Saturno o planeta dos aneis.
Daniela e Sara e o seu traballo sobre a contaminación mundial en formato lapbook.
- 64 lecturas