MEDIO AMBIENTE : CONCELLO DE BAIONA

Con motivo do  Día mundial do Medio Ambiente a CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE de Baiona ofreceunos unha  charla moi didáctica sobre a reciclaxe, co obxectivo de divulgar e dar a coñecer o servizo que o Concello de Baiona ofrece en canto á recollida selectiva.

Entregáronnos un díptico con toda a información. Presentáronse os servizos municipais que os veciños e veciñas de Baiona teñen á súa disposición: recollida na rúa(envases, papel, vidro, roupa e aceites),punto limpo, así como a importancia de separar os residuos, non deixar nada tirado na rúa e chamar á liña 900 para asesorarse ante calquera dúbida ou solicitar a recollida de residuos de gran volume.

Os rapaces e rapazas ademais tiveron a ocasión de formular unha chea de dúbidas que xurdiron.