Dulce locos
DÍA DA MULLER
O 8 de Marzo foi o día da muller, e tivemos a sorte de coñecer a dúas mulleres que nos contaron as súas experiencias nun traballo pouco típico do seu xénero por aquel entón..
Unha policía e unha camioneira.... demonos conta de que temos que cambiar moito a sociedade para que poidamos ser o que realmente queremos ser, sen ser cuestionados nin infravalorados...
Tamén no cole estreamos uns recunchos moi acolledores e que nos gustan moito onde podemos ollar contos relacionados coa IGUALDADE entre persoas sin diferenzar no xénero.
Esperamos que vos guste tanto como a nos.
- 54 lecturas
Sardiñas, potas, pan de trigo e sal: A vida dos mercados
Este venres os dulces locos fumos a facer locuras jajja baixamos a Baiona a ver unha exposición de oficios galegos, onde puidemos coñecer cousas que usaban os nosos maiores para pescar, para facer pan, para facer cestos....
Estivo moi interesante a verdade e estivemos moi atentos.
Despois como o bo tempo nos acompañou fumos ata o parque a repoñer enerxía e tamén a gastala.
- 74 lecturas
UN ENTROIDO MOI GALEGO
UN ENTROIDO MOI GALEGO
Este ano o Entroido do cole estivo relacionado co noso proxecto de centro que é a Galicia máxica.
Aquí vos deixamos unha mostra do que foi, preparamos disfraces, Rosalía a nosa pulpeira mandounos vir cada día cunha cousa diferente, merendamos produtos típicos de Entroido e por último desfilamos e actuamos cunha canción de Carlos Núñez Galicia Carol. Tivemos un público moi especial xa que as nosas familias nos viñeron a ver.
- 102 lecturas
UN ENTROIDO MOI GALEGO
UN ENTROIDO MOI GALEGO
Este ano o Entroido do cole estivo relacionado co noso proxecto de centro que é a Galicia máxica.
Aquí vos deixamos unha mostra do que foi, preparamos disfraces, Rosalía a nosa pulpeira mandounos vir cada día cunha cousa diferente, merendamos produtos típicos de Entroido e por último desfilamos e actuamos cunha canción de Carlos Núñez Galicia Carol. Tivemos un público moi especial xa que as nosas familias nos viñeron a ver.
- 64 lecturas
BARRIÑAS DE SEMENTES
Como nos gusta cociñar.... O outro día fixemos barritas de sementes. Primeiro a nosa profe deunos un anaco de masa de pizza. Nos tivemos que recheala como quixemos con sementes de cabaza, pipas, sementes de sésamo, chía, froitos secos e conguitos... Logo pechámolas e metémolas 10 minutos no forno. Estaban deliciosas non sobrou nadiña... e pasámolo moi moi ben.
- 91 lecturas
TÉCNICAS DE LIBERACIÓN EMOCIONAL
Este ano os profes andamos a facer un curso de Técnicas de Liberación Emocional, para axudar aos nosos nenos e nenas a trasmitir e autocontrolar as emocións que moitas veces nos fan ser de diferentes formas, e polas que en algún momento o pasamos mal.
O EFT é unha técnica para liberar as emoción, onde Rubén nos amosou como poñela en práctica para tratar medos, fustraccións, enfados.... e reforzar todo o positivo que temos...
Amósovos videos moi divertidos para que coñecedes moito máis sobre isto tan marabilloso.
- 55 lecturas
Seprona
Hoxe recibimos a visita de Seprona
Para nos era a policía dous jajaj pero logo soupemos que era a Garda civíl que se encarga da conservación da natureza.
Foi unha experiencia moi divertida onde nos contaron o seu traballo no coidados dos bosques, da prevención de incendios, no coidado dos animais....
Ata nos fixeron un xogo onde tiñamos que aplaudir se estaba ben feita a acción que nos decían e ladrar se era malo facelo. Encantounos.
Moitas grazas unha labor moi importante a que facedes. Gracias
- 43 lecturas
LUZ NEGRA
O noso primeiro contacto coa luz negra. Ao primeiro estabamos un pouco ansiosos de saber que era isto que a profe nos ensinaba... pero logo cando soupemos a cantidade de cousas divertidas que se podían facer con ela xa foi xenial...
Gustounos moitisimo a experiencia e estamos desexando repetila....
- 69 lecturas
Arte diferente
Existen moitas formas de pintar, con moitos utensilios e obxectos diferentes... pero unha que nos gusta moito é co noso propio corpo....
Pasamolo xenial... ao primeiro estaba fría a pintura pero ao comezar a camiñar xa todo era de cores......
- 89 lecturas
UNHA AMIGA DE CATRO PATAS
Fai pouquiño tivemos unha visita moi moi especial, unha amiguiña moi cariñosa que fai unha labor moi importante.
Aprendimos como unha cadela pode axudar a que o día a día das persoas con dificultades visuais poden ter unha vida mellor, os coidados que necesitan etc..
- 104 lecturas