EXPERIMENT-5º

ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Daniela trouxo unha estación meteorolóxica que permitirá medir

 a temperatura do aire co seu termómetro, a chuvia co

pluviómetro e o vento co anemómetro.....invitamos a quen queira

vir a vela se pase pola aula de EXPERIMENT-4º.

 

 

SOCIEDADE DA INFORMACIÓN: ALFIN

Ao longo deste curso estamos traballando competencias relacionadas co ALFIN e a SOCIEDADE DA INFORMACIÓN, así como o coñecemento e traballo da biblioteca do cole e os seus membros. Todos os xoves a 3ª hora  baixamos a biblio e traballamos diferentes temas e ámbitos: 

A primeira foi para establecer as actividades e funcións da biblio e comezamos co TRATAMENTO DOS FONDOS E A SÚA XESTIÓN e máis concretamente co "EXPURGO", que é o que hai que facer de cando en cando para ter algo de sitio nas baldas... e tamén poder colocar materiais máis actuais e novos adaptados ao tempo no que vivimos....aquí tedes unha pequena mostra do traballo feito. 

 

 

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS

De cando en vez traemos á aula as NOSAS RECOMENDACIÓNS....si!!! todas aquelas cousas que son interesantes para nós e que o poden ser tamén para os demais.....e por certo que son, aprendemos moitas cousas, entre outras, os gustos dos nosos compañeir@s, libros e xogos novos....

 

 

 

ARTE É O NOSO

ARTE para todos os gustos é o que facemos na aula.

No primeiro trimestre traballamos as obras de algúns pintores ben coñecidos: con Da Vinci traballamos as cores e o retrato, con Mondrian a xeometría e o simbolismo e con Van Gogh as texturas e a pintura como expresión persoal.

 

 

Ademais cando rematamos as tarefas propostas podemos escoller algunha manualidade ou traballo artístico que facer.

Estes son efecto mosaico con pezas ben pequeniñas que nos permiten mellorar a nosa motricidade manual, a nosa atención e tamén a paciencia así como a cualidade de ser perfeccionista. 

 

COMPETENCIA TIC : REALIDADE AUMENTADA

O tema dos volcáns fíxose máis ameno e divertido grazas á REALIDADE AUMENTADA.

Fumos quen de ver un volcán en plena erupción!!!!!

 

 

APRENDEMOS XOGANDO

De cando en vez, máis ou menos cada catro sesións dunha asignatura, modificamos o espazo da aula e realizamos XOGOS DIDÁCTICOS GRUPAIS cos cales aprendemos, reforzamos e consolidamos aprendizaxes.

O XOGO é unha ferramenta de aprendizaxe significativo estupenda ademais de traballar a autonomía persoal, a mellora da autoestima,cohesión grupal e aprendizaxe/traballo cooperativo. 

XOGOS DE MESA  

 

XOGOS DE EXPRESIÓN CORPORAL

 

XOGOS DA ÁREA DE LINGUAS

 

CREBACABEZAS

RETOS 

ECOSISTEMAS

En 4 grupos realizamos unha recreación de catro tipos de ecosistemas naturais: río, mar, bosque e deserto foron os escollidos. A única condición era que tiña que estar dentro dunha caixa de cartón. Ao final da actividade cada grupo fixo unha presentación sobre o mesmo.

 

TRABALLOS VOLUNTARIOS: LAPBOOK

Un dos traballos voluntarios do primeiro trimestre foi facer un  LAPBOOK sobre diferentes deportes.

O LAPBOOK é unha excelente ferramenta de aprendizaxe que fomenta a creatividade e a interacción nos alumnos/as.

Certo é quedaron moi ben, moi ben!!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EXPERIMENTOS

No primeiro trimestre fixemos un feixe de EXPERIMENTOS....de todo tipo ......certo é que aprenderon moitísimo!!!!.

Traballaron en equipo, encargáronse das fotografías, recollida de datos, anotaron resultados, habilitamos o recucho da ciencia  ....pero o que máis destacamos é a aprendizaxe descubrindo e pola observación aos demais ......incluso nalgún deles invitamos a outras aulas a ver os nosos experimentos.

Todos os experimentos quedarán recollidos nun libro no apartado de produccións propias da nosa biblioteca.

Recuncho científico: 

Invitamos os Dulcelocos, estiveron no experimento da conservación do pan (mercado ou artesán): 

 

 

Invitamos a aula de 2º de Educación primaria, Inés ao experimento " tinguir con flores": 

  

Experimento: efecto da auga (Iria, Tania Prado):

          Experimento: Volcán (Brais):

Experimento: explota ou non explota! (Sara, Daniela):

 Experimento: electricidade estática (Carmen):

 Experimento: ondas do mar (Carmen) :

 Experimento: non cae (Carmen):

Experimento: sen luz e con luz (Lúa) :

Experimento: crecemento sementes (Mara):

Experimento: facemos cores con flores (Mara, Isis)

Experimento: medrar unha pebida (Paula)

Experimento: tinguir madeira (Tania Fernández, Lúa):

 

 

BENVIDOS AO BLOG DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

BENVIDOS A EXPERIMENT-4º O BLOG DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP FONTES BAIÑA AQUÍ PODEREDES VER TODAS AS ACTIVIDADES E TRABALLOS QUE FACEMOS NO NOSO DIA A DIA ......AGARDAMOS SEXADES SEGUIDORES E SEGUIDORAS HABITUAIS.

 

 

Distribuir contido