EXPERIMENT-5º

ALFIN: ilustración da CDU.

A EXPERIMENT-4º tocoulle ilustrar a parte de da CDU correspondente a FILOSOFÍA, PSICOLOXÍA E ÉTICA .

 

Para esta actividade a biblioteca do cole propuxo realizar unha ilustración por cada alumno/a aquí deixo as nosas ....son todas unha pasada!!!!!!se ides pola biblio poderedes ver as seleccionadas nos cadros da parede de cada un dos números da CDU.

 

RETOS MATEMÁTICOS E LÓXICOS

No 2º trimestre un dos traballos voluntarios son os RETOS MATEMÁTICOS E LÓXICOS. 

Reto con palillos: move un para facer un cuadrado

Reto con totuladores move un e fai un número romano.

 

Reto con emogis adiviña o valor.

MATEMÁTICAS: recursos sinxelos III

Un clima axeitado na aula e a creación de recunchos e espazos dinámicos favorece os aprendizaxes ....aquí están os rapaces de EXPERIMENT-4º traballando a resolución de problemas de xeito manipulativo con moedas e billetes ....si!! no chan de forma relaxada e empregando o espazo de maneira diferente. 

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Ao longo do curso realizamos diversas actividades que aportan novos aprendizaxes e experiencias ao nosos alumnado ...aquí van alginhas delas...

DIA DAS BIBLIOTECAS: contacontos familia Moure e entrega de mochilas viaxeiras.

 CONDUCTA P.A.S.: PRIMEIROS AUXILIOS.

 

SENSIBILIZACIÓN ANTE A VILOLENCIA MACHISTA e cadea no Concello de Baiona.

CAMPO A TRAVÉS.

 

OBRADOIROS ARQUEOLOXÍA.  

 

MAGOSTO.

SENSIBILIZACIÓN DÍA DA DISCAPACIDADE : ONCE 

DÍA DA MULLER ÁMBITO DA IGUALDADE: MILA LÓPEZ 

 

ALFIN: DIA DA RADIO

Como sabedes os xoves baixamos a biblio, pois unha das moitas investigacións que fixemos foi polo DÍA MUNDIAL DA RADIO (13 febreiro) pescudamos sobre á historia da radio, quen a inventou, cal foi a primeira emisora de radio galega e española.... e como non empregamos os recursos da nosa biblioteca....

Traballamos a xestión da información para producir coñecemento pertencente ao bloque "Pensamento e Coñecemento". 

 

 

 

 

PROXECTA O CAMIÑO PORTUGUÉS

Ben sabedes que neste curso estamos a traballar un Proxecta do Camiño de Santiago e o Camiño Portugués ao seu paso por Baiona " Somos un camiño de 9,7 " é o título do noso Proxecta....pois aí deixo unhas fotos do excelente traballo que están a facer os alumnos de EXPERIMENT-4º.

Grazas a este tipo de proxectos da Consellería de Educación podemos traballar co alumnado múltiples competencias e destrezas, están presentes a totalidade de áreas: Matemáticas (cálculo de distancias, km dos diferentes Camiños, precios do camiño, diferentes moedas, cálculo de tempos, división das etapas), Ciencias Naturais (paisaxe, hábitos de coidado do corpo,responsabilidade ambiental, animais e ecosistemas, as máquinas, os estados da materia), Ciencias Sociais (xeografía, ríos, clima-tempo, relevo, organización dos habitantes, etapas da historia), Linguas (diferentes linguas do camiño, escritura, comprensión de trípticos,interpretación de mensaxes), Plástica ( deseño de publicidade, mapas, símbolos).

 

 

MATEMÁTICAS : recursos sinxelos II

Co gallo do aniversario de Marta, pois traballamos as fraccións matemáticas repartindo a tarta en 17 trozos ....expresando a fracción e a parte enteira, media parte, terceira parte ....xa vedes que é ben sinxelo traballar as mates de xeito divertido!!!!!

" PROXECTO CORTINAS "

Ao longo do segundo trimestre comezamos co noso  "PROXECTO CORTINAS", o seu obxectivo é o de confeccionar unhas cortinas para colocar na aula nas sesións de Educación Plástica: 

 O primerio paso foi a elebaoración individual dun mini proxecto voluntario, no cal se pedía:  material, idea de colocacón, funcións e agrupamentos e un prototipo do producto. Os criterios de valoración máis importantes foron 3:

- Materiais de custo 0 e responsables co medio ambiente. 

- Participación de todos os compañeiros/as da clase.

- Fácil colocación e que non deixen pasar os raios do sol.

Como segundo paso, a volta das vacacións de Nadal presentaron os proxectos e entre todos/as por consenso seleccionamos o máis axeitado para colocar na aula.

No terceiro paso puxémonos mans a obra .....e formamos 4 grupos de traballo cun obxectivo común: elaborar as nosas propias cortinas.

Grupo 1: ELABORACIÓN, medición, sistema de suxeición e  apoio no segundo prototipo (tamaño real). 

Grupo 2:DOCUMENTAL, rexistrar por escrito o proxecto  cos datos dos 3 equipos.

Grupo 3: PLANIFICACIÓN, función coordinar o proceso de elaboración pasar os datos ao equipo DOCUMENTAL.

Grupo 4: DESEÑO, función realizar o deseño das cortinas.

 

 

 

 

 

 

 

MATEMÁTICAS : recursos sinxelos

Quen dixo que aprender mates non é sinxelo? Na aula de EXPERIMENT-4º argallamos un modelo para aprender os decimais que serve para todos/as e personalizado porque cada quen fixo o seu....permite non ter que gastar papel e se temos un erro borramos e listo, xa que podemos escribir nela cantas veces queiramos!!!!

 

 

 

 

ALFIN : roles de equipo

Outra das nosas actividades na biblio é a de coñecer as funcións do equipo de biblioteca e o seu traballo ademais das diferentes opcións e recursos que ofrece a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. 

Nesta sesión fixemos 2 equipos de traballo :

O primeiro revisou e comprobou o material dunha das maletas da asesoría, verificando os libros e materiais que trae. De seguido fixeron unha selección deles axeitada para os compañeiros/as e por último voltaron a colocar en orde os materias na maleta, ademais a profe explicou o proceso de solicitude destas maletas.

 

 

O segundo equipo axudou na colocación nos estantes correspondentes dos libros relacionados ca área de Ciencias Naturais en función da CDU.

 

Distribuir contido