EXPERIMENT-5º

KIT DE SUPERVIVENCIA

Algo que de seguro aprenderemos durante este confinamento será a valorar máis ás pequenas cousas, cousas de diario: a música, os libros, os xogos....eles foron os que axudaron a apartar o aburrimento dos nosos días. Nesta actividade o grupo de EXPERIMENT-4º creou a súa propia instantánea con todas esas cousiñas. 

 

 

 

 

 

TEMÁTICAS: os museos.

Ademais das áreas presentes no currículo o grupo de EXPERIMENT-4 traballa temáticas de xeito transversal nas cales aproveitamos para traballar as competencias clave como a competencia dixital ou as relacionadas cóa cultura e o patrimonio.

ACTIVIDADES SOBRE "OS MUSEOS"

 

MATEMÁTICAS

Na área de matemáticas ademais de facer reforzo e repaso dos contidos do 1º e 2º trimestre traballamos certos contidos de cara o vindeiro curso escolar. Traballar as mates de xeito divertido é unha boa forma de aprender.

XEOMETRÍA CO TANGRAM

Alicia, Antía e Iria.

 

ACTIVIDADES TERCEIRO TRIMESTRE

Neste terceiro trimestre o grupo de EXPERIMENT-4º segue traballando na casa. 

Traballamos a diario mantendo un horario similar ao da aula e fan actividades sobre as diferentes materias escolares.

Certo é que este grupo traballa xenial!!!!

NOVA ETAPA

Este curso tivo moitas novidades, novos aprendizaxes, traballo arreo, un feixe de risas, millóns de anécdotas e contos....non sei en que dará isto e cando voltaremos a vernos....pero eu quédome con isto....

Agardo voltar pronto ao cole e poder traballar coma sempre....escoitar as vosas voces inda que sexa para protestar.......jajajajajaj......unha aperta enorme e lembrade QUÉDOME CON CADA UN/UNHA DE VÓS .............EXPERIMENT-4º

ALFIN: organización da nosa biblioteca de aula

Nesta sesión de ALFIN a nosa tarefa foi a de organizar e facer un inventario da nosa biblioteca de aula. 

As bibliotecas de aula son parte da nosa biblio do cole e en cada unha delas hai materiais axeitados aos usuarios desa aula: lecturas, xogos, produccións propias, material de consulta,etc.

VISUAL THINKING: pensamento visual

Dende principio de curso empregamos no grupo de EXPERIMENT-4º  a metodoloxía do VT (VISUAL THINKING) na aula en todas as materias e agora tamén no Proxecto do Camiño de Santiago. 

O VT consiste en volcar e manipular ideas por medio de debuxos sinxelos e fácilmente recoñecibles e creando conexións entre sí por medio de mapas mentais co obxectivo de entender mellor, interpretar ideas, xerar ideas novas, solucionar problemas, simular procesos, identificar problemas. 

Aquí deixo algúns exemplos de VT na nosa aula:

  O NÚMERO PROTAGONISTA

 

INFOGRAFÍA 

REPRESENTACIÓNS

DEBUXO EN CRISTAL CON ROTULADORES DE TIZA

 

 

ALFIN : localizar información con eficiencia

Nesta sesión na biblio foi a quenda "localización da información e dos recursos de xeito eficiente" pertencente a o bloque de MANEXO DA INFORMACIÓN

 

 

DIA DA ILUSTRACIÓN

Para traballar o DÍA DA PAZ e tamén o DÍA DA ILUSTRACIÓN en Galicia ( 30 de xaneiro ) elaboramos en equipo un atrapasoños e ademais ó do grupo de EXPERIMENT-4º foi da ILUSTRACIÓN GALEGA posto que as ilustracións dos libros e a súa creación son unha forma de PAZ  ....aquí podedes ver unhas instantáneas desta semana de traballo e o resultado final : o ATRAPASOÑOS DA ILUSTRACIÓN GALEGA. 

TRABALLOS VOLUNTARIOS II

Os traballos voluntarios son un éxito rotundo, total e absoluto hainos de todos os tipos, temas  e gustos e canto aprendemos logo ao presentalos ao grupo a verdade é que son xeniais para traballar a expresión oral, a confianza nun mesmo e as habilidades sociais relacionadas coa comunicación, ademais motiva a realizar preguntas e profundizar en temas que lles interesan tamén nos permite facer unha pequena desconexión entre clases e que todo sexa máis ameno. 

Lúa: RESULTADOS ELECTORAIS.

 

Sara e Daniela: AS EMOCIÓNS

Alicia : PASATEMPOS.

Claudia: O QUEIXO.

 

Antía: ROCHAS VOLCÁNICAS.

Isis: A PREHISTORIA

 Carmen: VIAXE DUNHA BOLSA DE PLÁSTICO

 VOLUNTARIOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

IRIA

TANIA FERNÁNDEZ

CLAUDIA

 

Distribuir contido