EXPERIMENT-5º

PROXECTO O CINE

Este curso 2020-21 temos un tema novo para traballar de xeito anual.....sabedes cal é? ....O CINE!!!! neste curso realizaremos investigacións, creacións...e pode que algunha pequena producción....estade ben atentos !!! de seguro esgotamos as entradas....

Ata o momento xa están chegando os primeiros traballiños voluntarios..mirade, mirade!

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

A mestra Carme presentounos instrumentos que  antigamente empregaban para facer unha boa festa ademais de instrumentos tradicionais como gaitas, pandeiros, punteiros e as partes destes ....incluso nos cantou algunha que outra peza ....foi unha sesión ben festeira!!!!

 

DINÁMICAS DE ACTIVACIÓN

Una pequena actividade pola mañá axuda a activar a nosa atención e mellorar os nosos procesos psicolóxicos básicos: atención , percepción, memoria.....neste novo curso temos ARAÑAS MATEMÁTICAS, NÚMERO PROTAGONISTA, o ENIGMA DA SEMANA e a  PALABRA PROTAGONISTA

 

REPRESENTANTES DA AULA

Na aula temos os nosos propios representantes que como función principal teñen a de ser portavoz do grupo-clase. Foi unha escolla democrática con papeletas, voto anónimo e incluso unha urna....aquí deixo unhas fotos do proceso. 

 

EDIXGAL

Neste curso 2020-21 estreamos o libro dixital no curso e no centro por medio do programa EDIXGAL.

A traballar logo!!!!!

 

COMEZAMOS!!!!!

comezamos un novo curso 2020-21 como EXPERIMENT-5º estade atent@s que iremos colgando as cousiñas que facemos no cole!!!!!.....imos aló!!!!!!!

 

 

EXPERIMENTO LIBRE

Levamos todo este curso experimentando...e estar na casa non ía impedir que neste terceiro trimestre non continuásemos facendoo....desta vez o experimento era con TEMA LIBRE e non se podían repetir os xa feitos....clicade nos arquivos adxuntos para ver os vídeos.

Antón

 

Carmen  

Lúa 

 

 

 

 

 

 

 

 

CREATIVIDADE 1

En EDUCACIÓN PLÁSTICA estamos traballando A CREATIVIDADE relacionada neste caso coas MATEMÁTICAS ....a composición de hoxe tiña que ser: cadrada ou circular con obxectos que atopasen pola casa e que non medisen máis de 5 cm de longo. 

 

MÁQUINA SIMPLE

Nada mellor para aprender o funcionamento dunha máquina sinxela que construír unha dende 0. 

Algúns rapaces do grupo enviaron un vídeo explicativo sobre a máquina que fixeron.

Clicade nos arquivos adxuntos para velos.

 

Sara 

 

 

 

EXPERIMENTAMOS: DENSIDADES

Para coñecer de primeira man as diferentes densidades dos líquidos, o grupo de EXPERIMENT-4º realizou este curioso experimento con diferentes líquidos que todos e todas temos na casa....mel, aceite, tomate frito, auga, alcol,etc. Ademais de facer un breve resumo das conclusións do experimento.

Antón e Daniela fixeron un vídeo moi interesante!!!!.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido