EXPERIMENT-5º

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE

Neste curso comezamos a traballar certos contidos ou unidades por medio das ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE...xeralmente facémolas para repasar un tema ou con cousiñas que nos custan un pouquiño máis e así facelas máis divertidas e poder aprender de xeito lúdico....dividimos a aula en 4 equipos e imos facendo a proposta de cada mesa....temos reloxos que marcan o tempo ...amais as actividades son moi variadas : dominós, resolución de problemas, candados, enigmas,etc.

 

 

LIÑA DO TEMPO: O CINE

Unha das nosas pescudas ....foi sobre a historia do cine, películas, xéneros, actores e actrices dende os seus comezos. A proposta consiste en trasladar esa liña do tempo aos vidros do corredor. 

O primeiro foi realizar o borrador da liña do tempo.

 

O seguinte paso foi trasladar ese borrador inicial aos vidros: preparando antes a superficie e facendo medidas.

 

 

 

PROXECTO CINE

O noso proxecto anual de aula vai tomando forma.....no corredor temos un mural para expoñer os nosos traballos, pescudas, inquedanzas sobre O CINE...deixamos aquí unhas fotos do comezo..estade atent@s porque poñeremos todo, todiño o que EXPERIMENT-5º vai facendo. 

Por medio desta actividade traballamos as unidades de medida na área de matemáticas e o cálculo de materiais necesarios para realizar a tarefa. 

O traballo cooperatvo e distribución de tarefas dentro dun grupo amais de traballar con diferentes compañeiros/as. 

A planificar o traballo en espazo, forma, plazo de tempo e estimación dos materiais necesarios para realizar o mural. 

 

REALIDADE AUMENTADA

Para completar os nosos coñecementos sobre  a célula en CCNN decidimos traballar con QUIVER VISION e ver os dous tipos de célula: animal e vexetal. Por medio da realidade aumentada fomos quen de ver as partes da célula, a metade dunha, os nomes das diferentes partes en inglés.....ademais de pasar unha sesión ben entretida. 


 

 

 

 

A CÉLULA: EXPOSICIÓN ORAL

Na materia de CCNN a profe propuxo facer unha maqueta dunha célula e logo presentarllo aos compañeir@s na clase. O certo é que quedaron moi, moi ben!!! Podedes velas na aula de EXPERIMENT-5º. 

 

 

 

VOZNATURA

O grupo EXPERIMENT-5º participa este curso do Proxecto VOZNATURA xunto cos DULCELOCOS e os CORRECARREIROS....menudo equipo que imos facer!!!!

A primeira actividade deste proxecto que estamos a facer é a posta a punto do horto do cole...así que puxemos man a obra e non hai HERBA que se nos resista!!!! 

 

TRABALLOS VOLUNTARIOS: AS ELECCIÓNS GALEGAS

Lúa fixo un traballo comparando os resultados das eleccións galegas de 2016 e 2020 sendo a continuación a outro que realizou o pasado curso sobre as eleccións xerais en España. 

Sen dúbida nos será de axuda no tema do Sociedade e Sitema Político español que daremos en Ciencias Sociais. 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Co gallo da célula, os tecidos, os sistemas que interveñen na nutrición...Tania Fernández trouxo este libro á clase para contarnos cousas ben interesantes...a medida das células, o número delas que podemos ter e así ata 1000 preguntas sobre o corpo humano. 

Complementarias: TARABELOS (DÍA DAS BIBLIOTECAS)

"TARABELOS" veu celebrar o día das BIBLIOTECAS connosco no centro e cun espectaculo abraiante que nos fixo chorar de risa!!!! rir a escachar !!!! e sobretodo DEBULER!!!!

 

 

SAMAÍN

O SAMAÍN é un boa data para  traballar as cousas máis terroríficas como....AS FALTAS DE ORTOGRAFÍA!!!!! esas si que dan medo...moito medo....na semana de SAMAÍN traballamos con unhas fichas terroríficas!!!!

 

 

Distribuir contido