EXPERIMENT-5º

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: PLACA MICROBIT E SISTEMA SOLAR

A actividade "Programando o universo" fai un repaso por todos os planetas e as súas principais características. O obradoiro consiste nunha actividade de programación a través de Scratch, ao que engadimos a maiores as tarxetas microbit. Esta actividade foi organizada polo equipo de actividades complementarias e extraescolares do cole a través da Aula STEAM itinerante da area educativa de Afundación.

 

COLABORAMOS NA MONTAXE DO INVERNADOIRO

Ben sabedes que neste curso estamos no Proxecto VOZ NATURA a última actividade que fixemos foi colaborar na montaxe dun INVERNADOIRO. 

O primeiro foi ler as instrucións e logo seguimos as indicacións de Miguel e Fredy para realizar a montaxe.

Na segunda e terceira xornada de traballo fomos os encargados de realizar 4 regos para posteriormente colocar o invernadoiro .

 

DITADO POR RELEVOS

Outro xeito de facer un ditado é POR RELEVOS....si, si POR RELEVOS....en quendas de a un tivemos que memorizar un texto e logo decirllo aos compañeir@s da mesa ata completar 4 quendas...certo é saíu moi ben!!!!. Pasou a sesión voandoooooo!!!!!

 

 Ao rematar as 4 quendas entre todos e todas comprobamos a nosa capacidade memorística. 

 

 

ROSALÍA DE CASTRO

Cada ano o 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro co gallo do día do seu nacemento. Nesta semana estivemos a traballar sobre a famosa escritora galega e a súa obra dende o punto de vista da súa personalidade, xeito de sentir e pensar.

Fíxemos unha "Caixa do Coñecemento" na cal reflexamos a súa vida, obra, influenzas e personalidade de Rosalía, amais un par de pasatempos.

 

 

 

DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O xoves 11 de febreiro celébrase o DIA INTENACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

 

O grupo de EXPERIMENT-5º estivo traballando sobre a figura dunha investigadora da UVIGO : Ana Garriga Domínguez.

Ana tratou o tema dos delitos e perigos na rede; a función das leis neste tema; opcións; información; consellos, amais contounos a súa labor na universidade e traxectoria profesional. O fin da charla fixémoslle unha chea de preguntas ben interesantes e incluso nos invitou a visitala na UVIGO cando esto da pandemia mellore.

 

PROXECTO LECTOR

Este é o libro que estamos traballando na hora de ler.

Trátase dun libro sobre diferentes artístas en formato caderno con actividades moi variadas que axudan a fomerntar a creatividade e o coñecemento de persoeiros ben coñecidos : Picasso, Klee, Mondrian,etc.

O certo é que os alumn@s de EXPERIMENT-5º están ben afervoados con este libriño.

 

 

 

PRESENTACIÓNS : O CINE

Non todo foi negativo no confinamento...en EXPERIMENT-5º aproveitamos para comezar a usar e coñecer certos recursos como GENIALLY e CANVA para realizar traballos e presentacións.

O feito de presentar un traballo e falar en público son tarefas difíciles pero que en EXPERIMENT-5º xa somos expertos...nunha sesión á semana presentamos os traballos realizados sobre temas que nos interesan ou sobre o noso proxecto "O CINE" .

Aquí tedes algúns dos que levamos feitos:

Alicia: SOPAS DE LETRAS sobre O Cine.

Alicia e Martín: animais en perigo de extinción.

Carmen: Coronavirus.

Lúa: pintores famosos con Canva.

Alicia e Lúa: "Superlópez" e "Los Rodríguez". Presentación en Genially.

Amais adxuntaron a súa presentación con este formato ben cinéfilo.

Paula: Miss Peregrine.

Claudia e Tania Fernández: Kamishivai "El Rey León"con Canva.

Ademais presentárono nas aulas de 2º e 3º de primaria.

  

O Cine : traballos voluntarios

O noso proxecto de aula "O Cine" ten carrete para longo!!!! no mural do corredor están expostos os diferentes traballos voluntarios sobre todo o relacionado co proxecto: recomendacións cinéfilas, historia do cine, curiosidades dixitais, etc...Animádevos a facer unha paradiña e ver os traballos de EXPERIMENT-5º.

 

IDADE MEDIA

Na área de CCSS estivemos traballando o tema da IDADE MEDIA EN ESPAÑA ....tivemos varias tarefas a crear en grupos:

- Muro colaborativo en papel e dixital e empregamos un novo recurso para facelo: PADLET.

Glosario: na nosa aula virtual.

- Resumo entre 2 ou 3 páxinas de todo o tema e así optimizar á hora de estudar.

- Liña do tempo coas datas máis importantes desta etapa da historia.

 

VISUAL THINKING

O pensamento visual (VT) é unha ferramenta que consite en expresar e manipular ideas a través de debuxos simples e recoñecibles, creando conexións entre si por medio de mapas mentais co obxectivo de axudar a entender mellor, identificar problemas, descubrir solucións, simular procesos e xerar ideas novas.  Na aula de EXPERIMENT-5º puxemos en práctica este xeito de aprender na área de mates e na área de educación plástica ...o tema escollido foi: Os ángulos

 

Distribuir contido