EXPERIMENT-5º

EXCURSIÓN 5º e 6º PRIMARIA

Os días 19, 20 e 21 de Maio fomos de excursión O Grove cos compañeiros de 6º de Educación Primaria. Foron 3 días xeniais onde tivemos contacto directo co medio mariño e practicamos deportes como : Kayak e  esnórquel. Amais realizamos actividades no monte e xogos....pero o mellor foi coñecer máis aos nosos compañeir@s de 6º e vivir con eles/as estes días.

 

LETRAS GALEGAS 2021

Este ano Xela Arias foi a protagonista das nosas letras.

Os alumnos/as de 5º de Primaria fixeron unha contada de "Darío a diario" dos Bolechas aos máis pequerrechos do cole e amais Lúa e Claudia fixeron unha presentación en formato acordeón para contarlles algunhas cousiñas da autora galega. 

Certo é que foron uns espectadores xeniais!!!!!

 

 

TRABALLOS VOLUNTARIOS: O CINE

O noso proxecto anual de aula sobre O CINE continúa medrando.....

Lúa, Alicia, Claudia, Tania Fernández e Paula e o seu traballo sobre Mary Poppins: presentación en paraugas e Genially.

 

 Carmen falounos duns premios moi galegos: OS MESTRE MATEO.

 

 

amais duns moi españois : OS GOYA.

 

Os dous traballos con estatuiña incrporada!!!!!! 

 

 

Desta vez foi a quenda de Paula co seu traballo sobre o xénero de TERROR.

Iria e a súa orixinal presentación sobre o CINE MUDO.

Tania Prado e a súa película sobre LOS DESCENDIENTES.

 

 

 

 

 

TE LO CUENTAN LAS MATEMÁTICAS

 TELOCUENTANLASMATEMÁTICAS é un proxecto da UVIGO para xerar novas vocacións matemáticas, especialmente nas nenas.

A través de talleres desenvoltos nos diferentes trimestres do curso os rapaces do terceiro ciclo de primaria poden adquirir coñecementos matemáticos de xeito manipulativo e moi moi ameno.

 

No centro desenvolvéronse os talleres de : TE LO CUENTAN LAS CÓNICAS

 

 

  

 

  Te lo cuentan las cónicas: facemos unha parabólica.

 

 

 

Encontro virtual con unha investigadora: Beatriz Álvarez investigadora na área de matemáticas da USC  e a "HIPATIA DE ALENJANDRÍA", para conmemorar o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021.

 

 

 

 Amais na aula fixemos unha pescuda sobre a investigadora e tamén unha pequena posta en común sobre o falado na videoconferencia, os rapaces/as tomaron notas durante o encontro e logo sintetizaron esas notas nun esquema visual. 

 

 

 

 

Segundo taller : TE LO CUENTAN LOS MAPAS  e o traballo de Carl Fiedrich Gauss.

 

 

KAHOOT

Na aula de Experiment-5º empregamos as TIC para facer cousas como unha avaliación dos nosos coñecementos de Ciencias Sociais....aquí estamos a facer un exame sobre a Idade Media. Desta vez empregamos KAHOOT.

 

 

DITADO EXPLOSIVO

O xogo é unha ferramenta ideal de aprendizaxe ....hoxe a quenda foi para o DITADO EXPLOSIVO os rapac@s debían estoupar os globos e ditar aos compñeir@s  a oración que agochaba o globo unha soa vez logo poidemos comprobar a nosa capacidade memorística.

 

 

 

 

TRABALLOS VOLUNTARIOS

Continúan chegando traballos voluntarios de infinidade de temas.....

Carmen: Lettering

 

Alicia e Paula: Informática

 

PROXECTO : O CINE

O noso proxecto de aula, O CINE, continúa medrando....os EXPERIMENT-5º seguen traballando arreo...fan cousas xeniais. 

 


 Lúa e a súa presentación de "Dora y la ciudad perdida", acompañada dun Genially.

Carmen e "O bebé xefazo".

 

Iria e "SPIRIT".


Claudia e " La navidad de los Jangle ". 

 

CIENCIAS SOCIAIS : A IDADE MODERNA

Traballamos a IDADE MODERNA de xeito práctico por medio de 3 actividades ben diferenciadas:

- Investigación xeral do tema: feitos e persoas importantes.

- Mural colaborativo: tivemos que averiguar que foto se correspondía cos diferentes sucesos desta etapa da historia e logo colocalos na liña do tempo.

- Por medio dos traballos voluntarios dalgúns compañeiros aprendimos cousas ben curiosas como que foi A inquisición?, quen foi Martin Lutero?, quen foi Goya?.

 

 

 

 

 

 

 

TÉCNICAS DE LIBERACIÓN EMOCIONAL

Este curso seguimos coas TÉCNICAS DE LIBERACIÓN EMOCIONAL que ademais é unha das liñas de formación do profesorado no noso cole.

Aquí tedes unhas fotos da sesió realizada por Rubén Misa na aula.

Distribuir contido