Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Equipo Dinamización Lingüística

O Equipo de Dinamización Lingüística está integrado polos seguintes membros: 1. Fernández Ruiz María Lourdes 2. González Alonso María Jesús 3. Prado Abril Montserrat Coordinadora: Fernández Reinaldo Eva

DIA INTERNACIONAL DA MULLER EN EI

DESTA MANEIRA APRENDEMOS A VALORAR Á MULLER EN EI

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o día de Rosalía enviando unha postal desde o cole aos vosos domicilios. 
Acordádevos de pedirllas aos vosos cativos e de poñelas nun lugar destacado da vosa casa.
Tal día coma hoxe naceu hai 179 anos Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.

 

 http://atartarugalectora.blogspot.com.es/2016/02/dia-de-rosalia-de-castro.html

O ENTROIDO SOLIDARIO

 

Como no anterior trimestre, neste tamén imos celebrar a festa da convivencia e consideramos que non hai mellor momento que o Entroido. Aproveitaremos para dar visibilidade á extraordinaria labor que fan as asociacións e ONGs para axudar aos máis necesitados e para protexer o medio ambiente.

Invitámosvos á festa do noso Entroido Solidario que terá lugar no colexio o venres día 5 co seguinte programa:

11:00 h: Degustación de doces típicos destas datas que traerá o alumnado das súas casas.

12:15 h: Gran Desfile e actuación das comparsas.

13:15 h: Queima do Meco, se o tempo o permite.

 Pulsar "leer máis" para ver o vídeo.

 

 

O MECO MANDA . . .

 

Este curso, co gallo do proxecto As conmemoracións e os seus valores, imos celebrar un Entroido moi solidario.

E para comezar ben esta semana é importante estar atentos/as ao que o MECO mande.

LUNS 1: Se non queres pasar frío e estar calentorro, deberás traer un GORRO!

MARTES 2: Co tempo que fai se queres ir de parranda, non te esquezas a BUFANDA!

MÉRCORES 3: Se cando saes da casa tes dudas....
non o dudes, leva LUVAS!

XOVES 4: Se o frío queres combatir
en BATA debes vir.

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

 O 20 de Novembro conmemórase o Día dos Dereitos da Infancia.

No colexio levamos feitas varias actividades, como ben sabedes, durante o pasado mes.

E hoxe para darlle un toque especial a este día fixemos unha SUPER CARIÑA FELIZ na que participou todo o alumnado do colexio ademais do profesorado para desexarvos a Comunidade Educativa do CEIP de Fontes-Baíña un Feliz Día Universal do Neno e da Nena.

 Aquí tedes a foto dese intre.                                                         

 Asemade, se clicades neste enlace poderedes ver o como se fixo a cariña sorrinte.
 

  Tamén no día de hoxe nos acompañaron Mª Fe, Ángel, José Luis Cadenas e Xulio que nos viñeron a contar mil e unha historias de como empezaron a traballar no colexio alá polo ano 1980, moitas anécdotas e algunha broma que lle gastaron a Mino cando era Xefe de Estudos.

                                                        

 

                                

Ao rematar sacamos unha foto para o recordo. Quen sabe, quizá dentro de outros 30 anos forme parte das lembrazas de alguén.

 

 

 

 

 

Na páxina de UNICEF atopamos máis información sobre esta conmemoración.

E podemos ver unhas curtametraxes de debuxos moi interesantes.

 

A ESCOLA DAS NOSAS FAMILIAS

Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos do neno e da nena, e en especial o dereito ao ensino, viñeron as nais de Samuel e Claudia e contáronnos todas as cousas que cambiaron dende que elas estudiaban nel...  

Pulsa "leer máis" para ver o video.

A BIBLIOTECA NO SAMAÍN

Durante os días previos ao Samaín tivemos a oportunidade de disfrutar da ambientación da nosa Biblioteca en versión "samaína".

 

                                                                                         
   

SAMAÍN 2015

LEMBRANZAS DA NOSA ESCOLA

Dentro do proxecto anual do centro, no mes de outubro o CEIP Fontes volveu ao pasado coas lembranzas da nosa escola. Pinchade aquí e disfrutade.

 

MAGOSTO 2015

 

O pasado día 27 de outubro celebramos o Magosto en Chan da Lagoa.

Pasamos un día moi entretido e asamos e comimos moitas castañas.

 

Clicade no enlace, grazas.

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d26422105k6393834o1l1/magosto-2015

Distribuir contido


by Dr. Radut