Consellos de educación física para todo o alumnado
Ola nenos e nenas. Espero que estedes ben.
Aquí vos deixo una serie de suxerencias de actividades para facer tanto no exterior (agora que podedes saír ) coma no interior.
No exterior, mantendo sempre as distancias de seguridade e respectando as normas de educación viaria:
- Andar en bici, patinete ou monopatín.
- Pasear.
- Saltar.
- Correr.
- Levar un balón para dar toques e pases.
- Saltar á corda.
No interior:
- Realizar distintos tipos de desprazamentos e recorridos pola casa: andando, saltando, a gatas, arrastrándose...
- Imitar a animais e personaxes.
- Representar situacións.
- Bailar.
- Realizar un aseo persoal axeitado, sobre todo a hixiene de mans.
- Tomar alimentos saudables.
- Facer diariamente actividades físicas.
- Identificar as súas partes do corpo e as dos seus familiares.
- Inventar e realizar circuítos.
- Xogar cos membros da familia empregando materiais e recursos que teña na casa.
- Facer abdominais, flexións e estiramentos.
- Situarse á dereita ou esquerda de obxectos da súa casa ou persoas coas que conviva.
- Lanzamentos e recepcións con distintos tipos de pelotas, globos, bólas de plastilina ou de papel.
- Informarse sobre que alimentos son os máis saudables.
- Coñecer as características e diferenzas máis básicas dos xogos populares, deportes individuais e colectivos.
- Realizar con interese as acividades físicas.
- Informarse sobre hábitos saudables da alimentación.
- Practicar exercicios de quecemento antes de realizar actividades físicas.
- Realizar diversas actividades físicas que supoñan manter o equilibrio sobre materiais e obxectos da propia vivenda e do exterior.
- Informarse sobre diferentes lesións e enfermidades deportivas.
- Poñer exemplos e practicar exercicios nos que destaque unha capacidade física (forza, resistencia, velocidade e flexibilidade).
- Xogar as canicas, chapas e buxainas (peonzas)
- Ver o programa da TVG “En forma na casa” e facer os exercicios.
Tamén podedes ver os seguintes videos e facer as actividades:
- Velocidade de reacción: https://youtu.be/RFIrNBUJwQo
- Forza e resistencia: https://youtu.be/_O9e4ji3ol8
- Xogos motrices, equilibrio, salto : https://www.youtube.com/watch?v=mp6s_5QLFK8
- Varios: https://www.youtube.com/watch?v=Gn7k_xNXYBc
- Zumba:
https://www.youtube.com/watch?v=IPhS5BaDTTs
https://www.youtube.com/watch?v=gbF1NP3LLkE
https://www.youtube.com/watch?v=ymigWt5TOV8
- Circuito: https://view.genial.ly/5e734c1d8c5bba0f77f2bf5f/interactive-image-circuito-cfb-cuarentena
- Comecocos: https://drive.google.com/file/d/1tFQd3pATKmVk89g3u5I13Ysfxj1KcsR2/view
LEMBRADE QUE É MOI IMPORTANTE: MOVERSE, BEBER AUGA, COMER SAN E LAVAR MOITO AS MANS.
Podedes, opcionalmente, gravarvos mentres realizades alguna destas actividades e envíalo vídeo aos titores.
- blogue de fondonois
- APIs de Blogue
- Imprimir