Skip to Content

blogue de biblioteca

Biblio: 3 anos e "O patiño feo"

O pasado día 17 de xaneiro o alumnado de tres anos estivo na biblioteca contando o clásico "O patiño feo". Coma sempre, ademais de contar o conto, fixeron actividades paralelas ao conto. Neste caso unha fermosa careta.

Biblio: Carta de Coguleo a 1º e 2º

O alumnado de primeiro e segundo recibiu unha carta de Coguleo convidándoos a informarse na biblioteca sobre o tema dos pingüíns. Para iso, na biblioteca, había preparada unha sección específica sobre o tema a disposición do alumnado.

Por que insistirá tanto Coguleo neste tema? De seguro que moi pronto imos saber a razón...

Biblio: Martes de cine en xaneiro

E xa temos en cartel as películas das que poremos fragmentos nos nosos "Martes de cina" da biblioteca. A oferta é ben apetitosa, nonsi?

 

Biblio: Paseo da fama

Os corredores do noso colexio xa conta co seu propio "Paseo da fama" ao máis puro estilo de Hollywood. O protagonista de cada estrela, non podía ser doutro xeito, é o noso alumnado.

Biblio / Música: Visita a Viveiro

Aproveitando a visita que o noso coro ía realizar a Viveiro o pasado 19 de decembro, todo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fixo unha visita a Viveiro.

Mentres o coro cantaba no Colexio de Educación Infantil San Roque, o resto de alumnado facía unha visita polos diferentes recunchos da vila, descubrindo o significado das pedras e edificios que hai no casco histórico.

Biblio: Xoán Montero Domínguez visita o colexio

O pasado mes de novembro recibimos na biblioteca a Xoán Montero Domínguez. Xoán Montero Domínguez é profesor da Universidade de Vigo e coordinador do título propio de Especialista en dobraxe.

Na súa visitaao colexio falou co alumnado de cuarto, quinto e sexto sobre a dobraxe e todo o que ten que ver co son das películas. Uns aspectos que, en moitas ocasións, quedan algo esquecidos cando pensamos nas persoas que interveñen nunha película.

Estamos moi agradecidos pola súa visita!

Biblio: Elizabeth cazatesouros

Estes días recibimos na biblioteca unha doazón moi especial, xa que tanto a autora do texto coma a ilustradora forman parte da nosa comunidade educativa. Son Raquel e Elizabeth que, a partir dunha proposta de creración dunha historia o ano pasado, fixeron este fermoso conto do que hoxe deixan un exemplar na nosa biblioteca.

Grazas pola creatividade, polo libro e pola dedicatoria.

Biblio:Seguimos coas charlas precine

As charlas precine onde podemos ver algúns artiluxios e invencións que fixeron que se pasase da imaxe estática a imaxes en movemento seguen o seu percorrido en segundo, primeiro e mesmo en infantil.

Completamos o album xa creado con fotos dos novos grupos que pasaron pola biblioteca para descubrir como comezou o cine.

Biblio: Charla sobre o Alzheimer

O pasado xoves recibimos a visita no colexio de dúas voluntarias da asociación AFAN que viñeron falar sobreo problema do Alzheimer.

Biblio: Os contos clásicos en educación infantil

O alumnado de infantil está a repasar este ano os contos clásicos. Nas seguintes imaxes podedes velos repasando algúns desas obras e traballando sobre elas.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut