Skip to Content

blogue de biblioteca

Biblio: Resultado da nosa colaboración co IES Pedregal de Irimia de Meira

Premendo na seguinte ligazón poderedes ver o resultado final da nosa colaboración co IES Pedregal de Irimia (Meira) facendo as ilustracións dun fermoso poema. Non deixedes de velo!

Biblio: Visita de Xosé María López Baño "Tanas"

O pasado día 23 tivemos a sorte de contar na biblioteca coa visita do actor galego de Cangas de Foz Xosé María López Baño "Tanas".

Biblio: Cousas que caen do xornal

Xa temos o resultado final da nosa actividade de recreos na que o alumnado tiña que debuxar as cousas que caína dun xornal que quedaba deitado.

O resultado? Espectacular!

Biblio: Novidades na biblioteca

Varias novidades na nosa biblioteca:

- Unha pequena exposición das últimas adquisicións de banda deseñada para todas as idades

- Un proxecto colaborativo no que o alumnado pode pintar o que queira que pense que lle caeu ao xornal

Biblio: Completamos o 13 rue do Percebe

Foron os cursos de quinto e sexto os encargados de completar as casas que se fixeran previamente seguindo o patrón dos comics de 13 Rue do Percebe.

Biblio: Bosquexos

Terceiro e cuarto curso aprende a bosquexar personaxes e as súas emocións...

Biblio: Personaxes ao grande

Primeiro e segundo estiveron traballando o comic dun xeito moi especial: Creando personaxes a tamaño xigante. Podédelo ver nas fotos que se abren ao premer a imaxe.

Biblio: Creando comic

Continuando coas actividades de comic do terceiro trimestre fíxose na biblioteca unha actividade colaborativa. Mentres 5º e 6º debuxaban as casas para facer un comic do estilo de 13 rue del Percebe, o alumnado de 3º e 4º colleu esas casas para darlles vida.

Biblio: Contacontos

Un clásico na nosa biblioteca: Os contacontos do alumnado de sexto a alumnado de menor idade.

Pasárono en grande maiores e pequenos!

Complementarias: Visita a Outeiro de Rei

Mentres o coro do colexio actuaba no CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei, o resto de alumnado foi visitar unha oleira que lles explicou todo o procedemento para transformar a terra en cerámica.

Logo da actuación todo o alumnado xuntouse para visitar Formiga, en San Closio, onde puxeron en valor a zona a través de material de refugallo, e abofé que resulta moi interesante a visita!

(Máis fotos facendo click na imaxe)

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut